MEMORIA E HISTORIA

Ribadeo homenaxeará o domingo 18 ás vítimas do franquismo

Ribadeo homenaxeará o domingo 18 ás vítimas do franquismo

Os nomes de Navarret, Margolles, Fariñas, García, os Torviso  ou “O Barquillero” ou Rosalía Alonso están entre os máis de 23 asasinados. José Fernández rematou en campos de concentración e outros como López Durá ou Pérez Prieto tiveron que se exiliar.O BNG homenaxea o domingo día 18 aos máis de 152  veciños e veciñas de Ribadeo que sofriron represión despois de 1936

Belarmina de la Vega
photo_camera Belarmina de la Vega

O vindeiro domingo, 18 de agosto, o Bloque Nacionalista Galego homenaxeará a todos os veciños e veciñas de Ribadeo que foron vítimas da represión franquista nun acto que se celebrará a partir das 12:00 horas no Cantón dos Moreno e no que a máis das intervencións de Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, e Ana Ermida, responsábel comarcal do BNG, se procederá ao descubrimento dunha placa conmemorativa no que foi fogar do derradeiro alcalde republicano da vila, Rafael Fernández Cardoso, coa lenda “ Na memoria dos demócratas e dos republicanos de Ribadeo”.

"Os nacionalistas  homenaxerán a máis de 152 veciños e veciñas de Ribadeo, homes e mulleres de diferentes clases sociais, posicións ideolóxicas que foron sometidas a diversas tipoloxías represivas"

A placa conmemorativa situarase na casa de Fernández Cardoso, sita na Praza de Abaixo, porque foi alí onde o nacionalista Pérez Prieto organizaría, na tarde do 18 de xullo, as milicias armadas que actuarían en Ribadeo até o 28 de xullo. Ademais, Fernández Cardoso foi militante de Unión Republicana e alcalde de Ribadeo en dúas etapas, mais morrería en Bos Aires, no exilio, a principios dos anos 50 e sería enterrado con restos de terra de Ribadeo que fixo chegar o alcalde franquista Pancho Maseda.

Esta non é a primeira vez que o BNG homenaxea aos ribadenses que sufriron o franquismo, nin tampouco é a primeira ocasión na que os nacionalistas lembran aos demócratas da Mariña, algo que levan facendo desde fai 12 anos en diversos concellos, porén a convocatoria deste ano ten unha particular significación pola dimensión, tanto cualitativa como cuantitativa, que a represión tivo en Ribadeo, como pola natureza da mesma en coherencia co alcance que acadou na vila a resistencia, así como pola forza do movemento frentepopulista e nacionalista e tamén polo que o Concello achegou ao esforzo do proceso de cambio que no nacional e no territorial significou a II República.

 Con este acto, os nacionalistas  homenaxerán a máis de 152 veciños e veciñas de Ribadeo, homes e mulleres de diferentes clases sociais, posicións ideolóxicas que foron sometidas a diversas tipoloxías represivas. Na homenaxe lembraranse os asasinados, como Navarret, Margolles, Fariñas, Garc

ía, os Torviso  ou “O Barquillero” ou Rosalía Alonso, pénsese nos máis de 23 asasinados deste Concello, os exiliados como López Durá, membro do Comité Executivo do Partido Galeguista, concelleiro en Santiago de Compostela, exiliado a México onde continuou a súa loita nacionalista como delegado do Consello de Galiza e como fundador do cumio local da UPG, ou Pérez Prieto ou os que remataron en campos de concentración dos nazis como José Fernández Fernández, ribadense preso nos campos de concentración de Krems-Gneixendorf XVII-B e Mauthausen onde sería liberado polo Exercito Vermello. 

Son 152 os nomes, homes e mulleres que se van lembrar, a listaxe dos nomes da dignidade, ribadenses que foron  asasinados ou que padeceron a represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas, con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. É hora de mudar a historia porque cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición, sempre trunfan as destes últimos.

Por todos estes motivos, con este acto, que se celebrará o domingo 18 de agosto, un día despois do Día da Galiza Mártir que lembra cada ano o asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira pontevedresa, desde o Bloque Nacionalista Galego convidan ás e aos ribadenses a realizaren un acto de xustiza e de dignidade, honrando a memoria daqueles e daquelas que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática.

Na homenaxe lembraranse os máis de 23 asasinados deste Concello"

O Concello de Ribadeo está a levar adiante un proceso de restauración da memoria no rueiro da vila; unha pequena homenaxe que comezou o 14 de abril coa inauguración da rúa Rafael Fernández Cardoso e que terá continuidade nos próximos días coa apertura da rúa Imáns Pérez Prieto, na memoria dos militantes nacionalistas exiliados e condenados a morte, Manolo e Claudio, este último presidente do Partido Galeguista no período republicano e destacado colaborador da UPG nos anos 60 e 70.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
comentarios