"As variedades da lingua son a nosa riqueza"
"Queriamos axudar a revolvernos por dentro"
A revista 'Mazarelos' procura saltar ao papel
En 2018 un grupo de estudantes de Historia da USC puxeron en marcha unha revista de historia en galego, con carácter divulgativo e rigoroso. Mazarelos xa é unha realidade na rede, mais quere dar o salto ao papel, polo que lanzaron a 1 de outubro unha campaña de micromecenado.
Sermos Galiza S.A. lanza a cabeceira "De Nós"
De Nós. Monografías con perspectiva galega é a nova cabeceira que edita Sermos Galiza S.A. para afondar en temáticas históricas e actuais con criterios divulgativos e para coñecer a realidade da Galiza. Ao longo do ano editaranse cinco publicacións. A primeira entrega leva por título Rebeldía galega contra a inxustiza.
Nace erregueté, a nova cara da Revista Galega de Teatro
A Revista Galega de Teatro, agora erregueté, inaugura equipo, deseño e nome sen renunciar á esencia dun proxecto que naceu hai máis de trinta anos. O acto de presentación terá lugar nesta quinta feira, 17 de novembro, ás 20.30 horas na Sala Ártika de Vigo
O último disco de Sumrrá, entre o mellor do ano da revista All About Jazz
'5 Journeys', o último traballo do trío compostelá Sumrrá, foi elixido por un dos críticos da revista All About Jazz, como un dos álbumes do ano.
Xosé Lois rende homenaxe ás vítimas do atentado contra a revista satírica Charlie Hebdo
Na súa viñeta, Xosé Lois conecta dous acontecimentos que esta cuarta feira coincidiron no tempo: o masacre dos humoristas gráficos franceses e o 65 cabodano de Castelao, un xigante do debuxo e a caricatura.
A revista Journal of Galician dedícalle un monográfico ao “planeta” literario de Xabier Queipo
Máis de cen páxinas son as que a revista Journal of Galician Contemporany Studies lle dedica no seu último número á obra do escritor Xabier Queipo.
A "Peonza" xira arredor de Agustín Fernández Paz
A revista “Peonza, de Cantabria, publica un número especial dedicado ao escritor Agustín Fernández Paz que se presentará en Compostela o 27 de maio. Ademais do propio escritor estarán Xabier P. DoCampo, Xavier Senín, Isabel Soto, María Jesús Fernández, Martin Pawley e Miguelanxo Prado, colaboradores da publicación.
"Palavra comum", unha nova revista de artes e letras proxectada para a lusofonía
Dirixida por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres, a revista “Palavra comum” nace na rede como un espazo para o encontro das artes e as letras, con portas abertas á lusofonía.
A revista do Xabarín, en perigo, pide axuda
Con catro números na rúa, Oink! a revista do Xabarín Club pide axuda para continuar. Agalip, a empresa editora, decidiu non imprimir o número 5 ate que solucione os problemas de financiamento da publicación.
A revista 'Luzes' prende as rotativas
Será mensal e editarase en papel e en galego. Os seus impulsores son Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Iago Martínez. Un iluminado nome para un novo meio de comunicación que nace ''non para ocupar grandes baleiros'' senón para ofrecer xornalismo alternativo e cociñado a modo.
A revista Oink! xa ten premio nada máis nacer
O número 2 da revista Oink! chega aos quiosques coa noticia do Premio Ourense á Mellor iniciativa no campo da Banda Deseñada da XXV edición das Xornadas de Ourense. O samaín é o tema deste número cun Xabarín nocturno con cabaza iluminada na capa.
Nace a revista ‘Oink!’, a única para cativos íntegramente en galego
Sairá á venda en quiosques en setembro, será mensual e custará tres euros. A publicación quere recuperar o espírito do Xabarín Club, o programa da TVG, e impulsar a novas bandas musicais galegas.
Manuel Rivas e X. M. Pereiro “resucitan” a revista Luzes
Na historia de xornalismo hai cabeceiras que teñen varias vidas. Reencárnanse, toman novos formatos, collen folgos e botan a andar de novo. Manuel Rivas e X. M. Pereiro animan a saída de “Luzes” unha revista mensual que quere ser “un ecosistema favorábel para o xornalismo”
Lector@s dun magazine internacional elixen Matalobos mellor serie, por riba de Anatomía de Grey ou Friends
A Revista Galega de Educación aposta por construir afectos desde a escola
"O Pazo das Musas", a revista oral da cultura galega chega ao seu número trinta
Achégase ao número trinta como revista oral convertida nunha das iniciativas culturais de referencia en Lugo e nunha das propostas máis orixinais vinculadas a un centro de arte galego. O Pazo das Musas do Museo de Lugo, coordinada por Antonio Reigosa, celebra a edición da trintena esta quinta 27 de setembro achegándose ao barroco coa estrea da orquestra Il Combattimento de Lugo.