Nace a revista ‘Oink!’, a única para cativos íntegramente en galego

Sairá á venda en quiosques en setembro, será mensual e custará tres euros. A publicación quere recuperar o espírito do Xabarín Club, o programa da TVG, e impulsar a novas bandas musicais galegas.

Capa do número 0 da Revista 'Oink!'

O espírito do Xabarín Club, o famoso programa para cativos da TVG, volve a resurxir en forma de revista da man de ‘Oink!’. A publicación convertiráse na única dirixida a menores de entre 6 e 15 anos que se edite íntegramente en galego.

E aínda que a súa saída está prevista para setembro, os creadores lanzaron un número especial que foi presentado no festival do cómic ‘Viñetas desde o Atlántico’, celebrado estes días na Coruña.

A revista, que custará tres euros, será mensual. Contará con 56 páxinas de contidos variados que “quere recoller o que significou ese programa (o Xabarín Club) para a primeira xeración que o viu e utilizalo cos novos”, apunta o seu director, Marcos Ferreira.

Detrás das súas páxinas estarán autores galegos coma Kiko da Silva, Miguel Robledo, Miguelanxo Prado, Pinto & Chinto, Fernando Iglesias, Andrés Meixide, Yolanda Sánchez Fidalgo, Miguel Porto e Jacobo Fernández.

Os productores de ‘Oink’ queren recuperar tamén unha das señas de identidade do programa da TVG, que serviu de escaparate a numerosas bandas de música galegas. “a intención é aproveitar o talento novo e o que fará a revista é lanzar gravacións de músicos novos”, aseguran.

Comentarios