Xosé Lois rende homenaxe ás vítimas do atentado contra a revista satírica Charlie Hebdo

Na súa viñeta, Xosé Lois conecta dous acontecimentos que esta cuarta feira coincidiron no tempo: o masacre dos humoristas gráficos franceses e o 65 cabodano de Castelao, un xigante do debuxo e a caricatura.

sermos7-1-15

O masacre de París ergueu a indignación e a consternación en todo o planeta. Provocou tamén que humoristas gráficos de toda a parte, nas redes sociais, e nas súas respectivas publicacións, rendesen tributo aos seus compañeiros salvaxamente asasinados.

Xosé Lois, un dos grandes do humor gráfico da Galiza, únese a esa homenaxe colectiva cunha proposta en que alía a homenaxe ás vítimas do masacre e a evocación do mestre Castelao.

Comentarios