redes sociais

Twitter en galego 2
SOCIAL

Twitter cancela a conta ‘Twiter en galego’

A conta, con máis de 30.000 seguidores, fai 10 anos de vida en 2021. A compañía considera que quen a administra é un menor de dez anos, de aí a suspensión. O administrador da conta xa reclamou para que lle permitan volver activala.

Iria Estévez (enriba á esquerda), Lucía Durán (enriba á dereita) e Raquel Martínez (segunda pola dereita). (Nós Diario)
LINGUA

Raquel Martínez e Iria Estévez, estudantes: "Hoxe hai famosos, mais non referentes tan chaves e potentes como había nas Irmandades"

No IES Johan Carballeira de Bueu, malia as condicións da pandemia, celebraron en 2020 o centenario da revista Nós. Desde o departamento de galego, que dirixe a profesora Lucía Durán, quixeron recrear nunha obra colectiva entre varios cursos  como sería a portada se se fixese hoxe en día. Dúas alumnas que participaron na experiencia, Raquel Martínez Badea (4º ESO) e Iria Estévez Juncal (1º Bacharelato) explican como se realizou e as conclusións que sacaron.
A xornalista Esther Estévez presentando o programa da TVG 'Dígocho eu' (Cedida)
LINGUA

Esther Estévez, xornalista: "Se estás consumindo en galego, sexa o noso programa, música ou cine, animaraste a falalo"

A xornalista verinense Esther Estévez é a imaxe das dúbidas lingüísticas na Televisión da Galiza. Presenta o programa 'Dígocho eu' desde o inicio de 2020, meses despois de rematar a carreira, e o éxito nas redes sociais foi exponencial, hai quen di que coa axuda do confinamento e dun maior uso dos contidos audiovisuais, até hoxe. O mérito, como explica sempre, non é só dela senón dun equipo que quixo innovar e tratar a información da nosa lingua de maneira máis amena. 

Adolescentes en perigo

Noemí García é @media_laranxa en Instagram. (Foto: Nós Diario)
Noemí García, creadora de Media Laranxa, explica os contidos que publica

Noemí García: "Se coidamos da nosa alimentación, por que non imos coidar tamén da nosa lingua"

Noemí García, creadora da conta Media Laranxa, expón como foi a xénese do seu proxecto así como dos seus obxectivos, entre os que destaca a busca pola calidade lingüística no ámbito da gastronomía. García tamén opina sobre a situación actual do galego nas redes e reivindica a necesidade de poder atopar nelas calquera tipo de contido na nosa lingua. Ela mesma indica que “unha conta en galego non debe ser noticia, senón unha realidade.”
A entrevistada é unha ‘youtubeira’ galega. (Foto: Cedida)
Eira Losada, creadora da canle 'Nubes baixo ti', fala do uso do galego nas redes

Eira Losada: "As redes sociais son unha ferramenta moi boa para a normalización da lingua"

Eira Losada, youtubeira galega, leva máis de cinco anos coa súa canle Nubes baixo ti. Losada conta a súa experiencia na plataforma e opina sobre a importancia do uso do galego nas diferentes redes sociais. Ademais, defende a necesidade de crear iniciativas normalizadoras da lingua como o concurso Youtubeiros, cuxa última edición está a experimentar moito éxito, e fala do futuro do galego nas redes. Losada expón que “queda moito por avanzar, pero estamos no bo camiño”.

Etiqueta nas redes

Capitalismo omnisciente

2020062314152587719
INTERNACIONAL

O que é ilegal 'offline' fica ilegal 'online'

As plataformas dixitais que asinaron coa Comisión Europea en 2016 un código de conduta contra os discursos de odio na rede retiraron de media 71% dos contidos denunciados en 2019, segundo a avaliación publicada esta semana por Bruxelas, que valora os avances mais continúa a criticar a falla de transparencia das redes sociais.
comparte cultura
CULTURA

Espallar cultura galega nas redes sociais como exercicio práctico na universidade

Algunhas veces a docencia sae á rúa e participa do que acontece nela. É o caso desta iniciativa que, en forma de exercicio práctico en tempos de confinamento, propuxeron na materia Teoría e Práctica das Relacións Públicas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.
PP troll 2
POLÍTICA

O PP intenta 'trollear' BNG e Anova polo 12 de outubro e logo retira o chío

O Partido Popular da Galiza empregou as redes para trollear as organizacións nacionalistas polo denominado “Día de la Hispanidad”. Logo retirou o chío en que, con presunto humor, felicitaba BNG e Anova “que hoxe se sentirán moi afortunados de pertencer a este gran país”.
(Foto: CIG)
TRABALLO

Despedido de Ferroatlántica após 28 anos de traballo por un comentario nas redes sociais

CIG sitúa o despedimento do operario, membro e ex delegado do sindicato na factoría, nunha “campaña de represión sindical”.

 

luis villares plenario
POLÍTICA

O PP fai chufa de Villares após o Plenario: "Sorte nos teus retos lonxe da política"

O portavoz de En Marea retrúcalle aos populares, tamén nas redes sociais.

Pantallazo Sermos
SOCIAL

Sermos convértese no primeiro dixital galego en superar as 50 mil persoas seguidoras nas redes

27.947 en Facebook (líder absoluto entre os dixitais nativos galegos) e 22.067 en Twitter. Total: 50.014. A cifra mostra o crecimento sostido deste diario dixital.

Campaña da Deputación da Coruña

Dálle un ‘like’ aos xeodestinos turísticos do norte

Consciente da riqueza turística de Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Ría de Muros e Noia e Ría de Arousa Norte, a Deputación da Coruña vén de lanzar a campaña “Coruña Like”, enfocada ás redes sociais.

Esa non son eu

Tecer rede

Porque espertar não sempre significa estar vivo

SOCIAL

#GalizaIsNotSpain, TT por segunda vez en menos de dous meses

Este 12 de outubro, entre hashtag conmemorativos de hispanidade, unidade e españolidade, coouse en forma de Trending Topic a reivindicación nacional galega.

Operación Tarántula
SOCIAL

Detidas tres persoas en Cangas acusadas de incitar "ao odio" nas redes sociais

A operación despregada pola Garda Civil baséase en contidos publicados en Twitter e Facebook. Entre elas, o concelleiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas-SON, Andrés Garcia.