recortes

Concentración CIG-Ensino
SOCIAL

A CIG-Ensino continúa mobilizándose contra os recortes de profesorado previstos pola Xunta

O sindicado esixe que se manteña o mesmo persoal nos centros que neste curso que acaba de rematar

Outra volta de torca!

UCI do Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Europa Press)
star
Recortes na sanidade pública: 952 camas hospitalarias menos

Galiza abeira o milleiro de camas desaparecidas na sanidade pública nunha década

O sistema sanitario galego perdeu camas hospitalarias e prazas de Unidade de Coidados Intensivos (UCI) na última década. Malia que a maioría das investigacións ligan a calidade e a eficiencia do modelo asistencial ao mantemento dunhas determinadas ratios nestas variábeis, optouse por recortar a cobertura de camas hospitalarias e de prazas de UCI. Evidénciao un recente informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), que sinala que na última década deixaron de estar operativas 952 camas hospitalarias.
Veciñanza de Cerdedo-Cotobade mobilizouse o pasado mes de febreiro en defensa da atención presencial. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Os recortes na atención presencial baten na sanidade: malestar entre as usuarias

As queixas polas restricións á atención presencial nos centros de saúde de Atención Primaria repítense en todo o país. As mobilizacións desenvolvidas en diversas localidades, así como as protestas previstas nas próximas semanas, son a expresión do malestar social existente. Usuarias, colectivos sociais e entidades en defensa da sanidade pública amósanse convencidas de que a Xunta da Galiza aproveita a pandemia para desmantelar a Atención Primaria. O conselleiro de Sanidade, nunha entrevista concedida a Nós Diario, defende este modelo.
Imaxe de arquivo dunha protesta das sanitarias antes da pandemia. (Foto: SOS Sanidade Pública)
SOCIAL

SOS Sanidade Pública denuncia o aumento da mortalidade polos recortes da Xunta

A plataforma, que vén de iniciar unha enquisa sobre os servizos sanitarios nos distintos municipios da Galiza, culpa a reducción de fondos da morte de persoas que non foron diagnosticadas a tempo, do aumento das listaxes de agarda e da "fuxida" de parte da poboación ao sistema sanitario privado, entre outros problemas.
Protestas de sanitarias en California para denunciar a falla de medios para atender a Covid-19 nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)
40% das mortes provocadas polo coronavirus nos Estados Unidos poderían terse evitado

EUA: os recortes aumentan a letalidade do virus

As consecuencias das políticas de retallos sanitarios deixáronse notar na resposta á pandemia. Unha investigación publicada na prestixiosa revista científica The Lancet sinala que a ausencia dun sistema público de saúde ten situado os Estados Unidos á cabeza de mortes por coronavirus.
c0504143-41fa-40d1-a367-3e41fa6f4615
Novas incidencias nas vías de tren da Galiza

Cortes na liña Vigo-Ponferrada e na vía estreita ao seu paso polo concello de Ortigueira

Este sábado, a liña ferroviaria viviu un novo corte de vía por mor da caída dunha árbore sobre a catenaria, no tramo seguinte á estación de Sela, segundo informaba o sindicato CXT (Confederación Xeral do Traballo).

Chámanse recortes

Comparecencia da conselleira Fabiola García. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O persoal das residencias públicas insiste na denuncia dos recortes por parte da Xunta

Parte da representación sindical destaca que este "servizo público" foi reducindo "os dereitos" laborais desde 2012, o que afectou ao número de empregadas e tamén á calidade da atención. Allea ás críticas, Política Social ofreceu un novo parte de contaxios nestas infraestruturas na que fala dunha pequena baixada.
Interior dunha ambulancia nesta terceira onda da pandemia. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

Sen ambulancias e sen comida: a odisea dun enfermo dependente para ser trasladado do Clínico de Compostela

Un novo caso particular por de relevo os recortes na sanidade pública galega. Ante a falta de medio de transporte, a filla tivo que trasladado no coche particular seis horas despois de recibir a alta médica. A afectada louva o traballo das e dos profesionais do hospital pero critica duramente os medios materiais do servizo, que impiden unha atención axeitada ás e aos enfermos.

Máis tesoiras coa coartada da Covid

Sede en Bruxelas do Parlamento Europeo. (Foto: Europa Press)
Denuncian que “a privatización do sistema sanitario tivo efectos mortais” na pandemia

A UE impulsa a privatización da sanidade

A pandemia puxo ao descuberto os efectos das políticas de recortes do sector público na saúde das persoas. A Unión Europea tense mostrado como un organismo chave para impulsar esta axenda. Os planos de rescate impostos aos Estados da periferia e as recomendacións do Semestre son un bo exemplo.
Protesta ás portas do colexio. (Foto: ANPA do CEIP de Baamonde)
SOCIAL

A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa da Anpa de Baamonde

Iniciará as "actuacións oportunas" ante a Consellaría de Educación e o Concello de Begonte polo anuncio do fechamento do colexio.
Manifestación en contra da unificación dos colexios de Baamonde e de Begonte, no mes de decembro. (Foto: Nós Diario)
O alcalde de Begonte pediu o fechamento do colexio

O ensino no rural sofre novos recortes

Os recortes no ensino do rural lucense levan o colexio de Folgoso do Courel a loitar por manter o seu transporte escolar local e o centro de Baamonde a combater en contra da unificación co Virxe do Corpiño de Begonte. Este último concello votará no pleno que se fará na sexta feira a aprobación da unificación.
Mariñeiros nunha xornada de pesca (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

As confrarías din que o recorte de cotas de pesca leva o sector á ruína

A Xunta e o sector lamentan a falla de sensibilidade de Bruxelas.
Concentración ás portas do hospital de Vería en solidariedade con Castrillo. (Foto: Europa Press)
Análise

O PP segue sangrando pola ferida de Verín

O pasado 30 de novembro centos de persoas volveron a concentrarse diante do hospital de Verín cofin  de rexeitar o expediente aberto pola Xunta da Galiza a Javier Castrillo, xefe do servizo de Xinecoloxía do centro. Este acto simbolizou a oposición á proposta de recortes de servizos sanitarios do Goberno galego.
O conselleiro Valeriano Martínez entregou onte os orzamentos ao presidente da Cámara, Miguel Santalices. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Sanidade e ensino perden peso nos orzamentos

Pese á crise, os servizos públicos esenciais como a saúde e a educación perden peso no proxecto de orzamentos da Galiza que a Xunta elaborou para 2021 a respecto das contas de 2020.
<p>Planta de Siemens Gamesa nas Somozas (Foto: Europa Press).</p>
TRABALLO

Siemens Gamesa anuncia o despedimento de 52 traballadores nas Somozas

A dirección de Siemens Gamesa vén de comunicar ao comité de empresa da planta das Somozas a decisión de prescindir de 52 traballadores e traballadoras. A multinacional avanzou máis "axustes".

A nosa vulnerabilidade

persoal sanitario (Europa Press)
SOCIAL

Após as eleccións, volven os recortes á sanidade

Superadas as eleccións, a sanidade pública non avanza na dinamización da asistencia médica lastrada pola Covid-19 e comeza a consolidar recortes no canto dos reforzos anunciados.