Ministerio de Sanidade

Os ministros de Sanidade entrante e saínte, José Miñóns e Carolina Darias, esta terza feira, no acto de entrega de carteiras. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
POLÍTICA

Miñóns toma posesión: "Non existe o gasto en sanidade, senón o investimento en saúde"

O novo responsábel da carteira de Sanidade agradece o nomeamento e defende o "municipalismo" como "piar" da política: "Sempre o tiven presente, como alcalde e delegado, e seguirá presente nesta nova etapa".
José Miñóns, co Informe de rendición de contas do Goberno español en 2022. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Felicitacións, mais tamén deberes, para o substituto de Carolina Darias

O PSdeG acolle con "satisfacción" a noticia, mentres Feixoo cre que os socialistas "buscan candidato para a Xunta" e o persoal sanitario ofrece colaboración e sinala os retos pendentes.
Comparecencia do presidente Pedro Sánchez na Moncloa.
POLÍTICA

Pedro Sánchez anuncia mudanzas no Goberno español: o compostelán José Miñóns, ministro de Sanidade

Carolina Darias e Reyes Maroto abandonan o Executivo para centrarse nas eleccións municipais.
Unha muller sostén unha roda na que se pode ler 'Presidente', na manifestación do pasado 12 de febreiro convocada por SOS Sanidade Pública. (Foto: Arxina)
SOCIAL

O Goberno español lembra a Feixoo que a sanidade é competencia autonómica tras arremeter contra o Ministerio

"Non deixou de sorprenderme que o líder do principal partido da oposición, que xestionou a sanidade pública na Galiza, onde tamén se mobilizaban onte [polo domingo] os profesionais sanitarios, veña a responsabilizar o Goberno de España desta situación", di a ministra portavoz Isabel Rodríguez.
Urxencias do CHUS, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Alertan dunha situación crítica nas Urxencias do CHUS, con médicos atendendo máis pacientes por día do recomendado

O persoal deste servizo, denuncia o sindicato O'Mega, chega a atender 30 doentes nunha xornada, cando o Ministerio e os propios sanitarios recomendan non exceder os 21 porque iso "aumenta o risco de cometer erros de diagnóstico".
Dose da vacina contra a Covid-19 (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Tes menos de 60 anos? Xa podes solicitar a cuarta dose da vacina contra a Covid-19

A Comisión de Saúde Pública estatal fixo un chamamento a que se vacinen as persoas que faltan por facelo así como as persoas vulnerábeis.
A ministra Carolina Darias reuniuse esta sexta feira en Compostela cos conselleiros e conselleiras de Sanidade dos gobernos territoriais do Estado. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanidade desbota retirar a máscara do transporte público polo "leve aumento" de casos de Covid-19

"As persoas expertas concluíron que hai que seguir agardando o momento da retirada porque estamos nunha tendencia ascendente leve", dixo a ministra Carolina Darias.
A OMS insta a illar e rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de varíola do mono para deter a transmisión. (Foto: Berkay)
SOCIAL

95 casos de varíola dos macacos detectados na Galiza e até 6.119 no Estado: estes son os síntomas das persoas contaxiadas

O Ministerio de Sanidade estuda hoxe se aproba a división en cinco de cada vial da vacina contra a varíola dos macacos.
Erupción da varíola do mono. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O Ministerio de Sanidade do Estado español confirma a segunda morte por varíola do mono

A preocupación medra nos Estados Unidos de América, onde San Francisco e Nova York xa declararon o estado de alarma.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

Comesaña contradí o Ministerio e cingue a cuarta dose da vacina a maiores de 80 anos

O conselleiro de Sanidade destacou que, polo momento, non se tratou a posibilidade de pór unha cuarta dose a toda a poboación en xeral,
Os positivos superan xa os 200 en todo o mundo, co Reino Unido á cabeza. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O gromo de varíola do mono, en cinco chaves

O Goberno anuncia que as vacinas contra a varíola chegarán "nos próximos días" e tamén se prevé a realización de probas PCR da mesma forma que coa Covid-19, a fin de afrontar un surto que "aínda é controlábel".
Os casos activos descenden este sábado na Galiza (Foto: Nito)
INTERNACIONAL

Alerta sanitaria pola varíola do mono: o Estado español, á cabeza de Europa en contaxios

A Comunidade de Madrid confirmou 30 casos de varíola non humana e outros 15 sospeitosos. O Ministerio estuda a vacinación preventiva dos contactos estreitos e a OMS pide illar os positivos.
Continúa a campaña de vacinación contra a Covid. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
SOCIAL

O Ministerio estuda a compra de vacinas contra a varíola

Os fármacos serían os que se administran para a varíola común e só se inocularían, polo de agora, aos contactos estreitos de positivos.
O Movemento Galego pola Saúde Mental nunha manifestación en defensa da sanidade pública de febreiro en Compostela. (Imaxe: MGSM)
SOCIAL

Aprobado "por práctica unanimidade" o Plan de Acción Estatal de Saúde Mental 2022-2024

A primeira acción recollida neste plan é a posta en marcha do teléfono de atención ao suicidio 024, activado esta terza feira.