Sara Pardo
01/mar./24 14:31
A variada flora da Galiza está mudando constantemente. Hoxe, algunhas plantas autóctonas como a xesta de Ons ou a santolina de Melide atópanse en perigo de extinción, mentres que especies estranxeiras chegan ao país espallándose até o punto de que as cremos propias, como as mimosas. Outras actúan aquí como invasoras, como é o caso dos trebiños. O botánico Xosé Ramón García achega a maioría das plantas que existen na Galiza, con 1.715 taxons e 1.493 fotografías, nunha nova edición, corrixida e aumentada con 330 especies máis que as anteriores, da 'Guía das plantas de Galicia' (Xerais, 2023).