medio ambiente

Avanzar con rigor

Emprazamento na Pastoriza (A Terra Chá) onde proxectan o eólico que ameaza o millafre real (á dereita) [Fotos: Adega].
SOCIAL

A eólica e Altri centran o Día do Medio Ambiente na Galiza

No Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora esta cuarta feira, 5 de xuño, a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) repasa os principais desafíos que enfronta o territorio nun momento en que a conciencia social crece e as políticas públicas non sempre dan resposta ás urxencias ambientais.
Exemplar de millafre real. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

Adega lanza unha campaña para protexer o millafre real, ave en perigo de extinción, dun proxecto eólico na Terra Chá

Este proxecto, no que Adega aprecia un posíbel caso de "fragmentación artificial" doutros tres, denominados Boura, Monzón e As Louseiras, contempla a instalación de tres aeroxeradores de 180 metros de altura "nunha área de máxima sensibilidade ambiental".
Alumnado do IES de Poio entrevistando para esta reportaxe a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
ECONOMÍA

A ría de Pontevedra, un tesouro en perigo

Alumnado do Club Ecoloxista do IES de Poio, na comarca de Pontevedra, fixo chegar a Nós Diario, por medio das súas profesoras Lidia Garrido e Laëtitia Álvarez, unha reportaxe sobre o estado da ría de Pontevedra que, segundo advirten as docentes, ía ser publicada nun medio de comunicación co que colabora o centro, mais, segundo relatan, Ence "impediu" que este texto, que hoxe recolle Nós Diario, fose publicado.
O persoal investigador da UDC traballando no encoro de Cecebre. (Foto: UDC)
Medio Ambiente

Descuberta esta nova especie invasora no encoro de Cecebre

A 'Crassula helmsii' provoca danos en lagos e encoros, pode afectar á calidade da auga e tamén á flora e fauna nativas e, en xeral, aos ecosistemas naturais.
Lousa apilada no chan. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Unha louseira busca explotar unha mina en Quiroga 30 anos máis cunha zona da concesión dentro da Rede Natura

A compañía titular da explotación, Pizarras de Villarbacú, asegura que terá "en conta" este aspecto "á hora de determinar as medidas de protección que garantan a preservación dos seus valores naturais".

O pan e o mantel

Protesta de Ecoloxistas en Acción diante da cidade deportiva do Celta.
Medio Ambiente

Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Fiscalía "a vertedura contaminante da cidade deportiva do Celta"

Ecoloxistas en Acción entende que hai indicios claros por parte do Celta de delito contra o ambiente e a saúde pública.
Unha muller pasando por diante dunha pintada durante a mobilización contra a 'burbulla eólica' en maio de 2023 en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Convocan unha andaina en Sabucedo contra a "avalancha eólica"

As entidades convocantes buscan con esta protesta, o sábado 8 de xuño, "defender a última serra do interior da provincia de Pontevedra sen colonizar pola industria eólica".
Serxio Núñez, Manuel Martín e Mónica Cea, esta cuarta feira na rolda de prensa en Compostela na que presentaron o informe (Foto: Arxina).
Saúde

Médicos afirman que Altri producirá "problemas serios" sobre a saúde e a cadea alimentaria

A macrocelulosa que Greenfiber (Altri e Greenalia) proxecta en Palas de Rei (A Ulloa) ten riscos documentados cientificamente para a saúde pública. Así o constata un informe elaborado por SOS Sanidade, presentado esta cuarta feira, no que identifican "a choiva ácida, a contaminación de ar e auga e as dioxinas como posíbeis causantes de cancro e outras doenzas". 
Rolda de prensa conxunta de SOS Sanidade Pública e Ulloa Viva, esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
Saúde

Os riscos da fábrica de Altri para a saúde: "Choiva aceda, augas contaminadas e toxinas que provocan cancro"

Colectivos veciñais chaman a "facer historia" na manifestación convocada este domingo en Palas contra a fábrica que proxecta Altri na comarca da Ulloa.
Protesta de Ecoloxistas en Acción diante da cidade deportiva do Celta.
Medio Ambiente

A Confederación Hidrográfica investiga a vertedura da cidade deportiva do Celta tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción

O organismo dixo descoñecer esta vertedura e afirmou que carece de autorización.

Nos últimos anos a UE conseguiu frear o crecemento do consumo de materiais e reducir as emisións pero o esforzo non foi suficiente. (Foto: Nós Diario / materialflows.net).
star
Análise

Transición ecolóxica para quen?

David Soto Fernández é investigador do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais.
Espazo da Rede Natura 2000 en Negueira de Muñiz. (Foto: Terras de Lugo)
Medio Ambiente

30 organizacións naturalistas piden triplicar en seis anos a superficie actual da Rede Natura na Galiza

No Día Europeo da Rede Natura 2000, hoxe, 21 de maio, 30 organizacións ecoloxistas e naturalistas presentaron un manifesto para exixir a ampliación na Galiza desa rede de protección do territorio. Unha reclamación que parte dunha realidade que se mantén aínda que pasen os anos: A Galiza é o territorio do Estado con menos espazo terrestre protexido.
Detrás do veganismo subxacen fortes conviccións de carácter ético. (Ilustración: Xeración Alfa)
star
A fondo

A revolución verde: o vínculo entre veganismo e ecoloxismo

Nun contexto de concienciación medioambiental como o actual, o veganismo gaña terreo na sociedade. Esta filosofía de vida rexeita calquera forma de explotación cara aos animais.
Juan López Bedoya. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Juan López Bedoya, doutor en Xeografía: "Estase a facer negocio cos desastres nas infraestruturas costeiras"

'Nós Diario' conversa con Juan López Bedoya, doutor pola Universidade Nacional de Cuyo (Mendoza) e investigador pola USC na área de xeomorfoloxía, sobre o estado de conservación dos sistemas dunares na Galiza.
Altri prevé abastecerse de auga no encoro de Portodemouros. (Foto: Ecoloxistas en Acción)
SOCIAL

Produtoras locais organízanse contra a celulosa de Altri na Ulloa

A Plataforma chama a mobilizarse o vindeiro 26 de maio.
Polígono eólico en Esgos (comarca de Ourense). (Foto: Agostime / Europa Press)
ECONOMÍA

O Goberno estatal denega estes tres parques eólicos por non superaren o trámite ambiental

Os tres proxectos sumaban unha potencia total de 241 megawatts.
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
Xustiza

O TSXG xa paralizou este ano 40 parques eólicos polos "danos irreversíbeis" que poderían ocasionar ao medio ambiente

A Xustiza suspende cautelarmente outros seis novos proxectos, os denominados Monte do Cordal, Dos Cotos, Mesada, Legre, Treboada e Xeada.
Carteis en contra de Altri en Palas de Rei. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

Moncloa delega na Xunta as potenciais afeccións de Altri

O Goberno estatal lembra que a tramitación ambiental e o potencial impacto das instalacións sobre o medio son competencia de San Caetano.