Lomce

LOMCE
SOCIAL

Méndez de Vigo advirte: “A Lomce non se vai derrogar nin paralizar”

Afirma que os cambios anunciados esta sexta feira son “un primeiro paso” cara a un “plan nacional educativo”.

Congreso, abertura constitución da XII lexislatura.
POLÍTICA

O Congreso paraliza o calendario de aplicación da Lomce

O ministro de Educación anuncia unha conferencia sectorial para o 28 de novembro.

greve erguer
SOCIAL

24 de novembro: greve no ensino medio galego

Convocada por Erguer, Asemblea nacional de estudantes galegas e Acción Universitaria. “A Lomce está deseñada para dar maiores facilidades para estudar ás elites”.

Non serán precisas para obter o título de bachalerato

Rajoy anuncia na investidura que deixa en suspenso as reválidas da LOMCE

Primeira cesión de Rajoy para alcanzar a investidura, após as intensas mobilizacións da comunidade educativa, a última esta pasada cuarta feira. As reválidas contempladas na LOMCE fican parcialmente en suspenso. Non serán precisas para obter o título de bacharelato, mais si para acceder á Universidade.

LOMCE greve GZ contrainfo
SOCIAL

Unha nova greve reitera o non do ensino galego á Lomce

A lei acumula rexeite tras rexeita en Galiza. Miles de estudantes saíron ás rúas para exixir a retirada das “reválidas franquistas”. Pola tarde, decorreron concentracións en cidades e vilas.

Votación contra a LOMCE. 20 Outubro 2016
Denuncia da CIG

'Caza de bruxas' de Inspección nos centros nos que houbo consulta sobre a LOMCE

O sindicato nacionalista afirma que a Consellaría está utilizando as inspeccións “como se dun corpo policial se tratase” a fin de interrogar dun xeito intimidatorio os centros educativos sobre a realización do referendo das reválidas.

Votación contra a LOMCE. 20 Outubro 2016
SOCIAL

A Lomce volta a receber un rotundo 'non' en Galiza

Profesorado e alumnado concentrouse nos centros de secundaria contra a lei e as reválidas. A práctica totalidade dos estudantes que votaron na consulta convocada por Erguer rexeitaron a Lomce.

cabazas lomce pgdep imaxe- CIG Ensino
SOCIAL

Cabazas desde o ensino público para un conselleiro “sumiso” ante a Lomce e as reválidas

A Plataforma galega en defensa do ensino público entregou ducias de cabaceiras no rexistro da Xunta. Unha forma de evidenciar, afirman, o “suspenso” da Consellería de Educación.

Aula
Denuncia da CIG-Ensino

A LOMCE reduce aínda máis as horas de galego no ensino

A CIG-Ensino advirte de que neste curso escolar o horario de impartición de materias en lingua galega é aínda menor pola modificación da carga lectiva importa pola LOMCE. O sindicato maioritario no sector urxe a Consellaría de Educación a actuar.

CIG ensino
SOCIAL

O rexeitamento á Lomce e aos recortes no ensino público chega ás portas da Consellaría

A Plataforma galega en defensa do ensino público convocou unha concentración en San Caetano no inicio do curso escolar. Advirte de que se non retiran as reválidas fará un chamamento á insubmisión.

Probas de selectividade (Arquivo).
SOCIAL

Ás portas da que podería ser a derradeira selectividade

Entre o 8 e 10 de xuño decorren as probas de acceso á universidade antes da entrada en vigor da reválida de bacharelato.

Louzao
SOCIAL

O absentismo na reválida de 3º de Primaria "desautoriza" Educación, di a PGDEP

Segundo os dados da Plataforma, por volta do 82% do alumnado non asistiu ás aulas, o que supón un maior seguimento do boicote que nas probas de 6º curso. 

Colexio Campolongo_PontevedraViva
SOCIAL

Anpas Galegas felicita as familias polo seguimento da campaña contra as reválidas

"Tivemos no silencio nas aulas públicas de sexto de primaria a demostración práctica de que existe unha clara e rotunda posición cidadá contraria á LOMCE", sinalan. 

Plataforma galega en defensa do ensino público
SOCIAL

Novas mobilizacións contra a LOMCE

Centros de ensino de todo o país mobilizáronse na hora do recreo para amosar o seu rexeitamento á lei na semana en que dan comezo as reválidas.

Concentración PGDEP contra as reválidas
SOCIAL

A Plataforma galega en defensa do ensino público chama as familias a non levar o alumnado aos centros o día das reválidas

A Xunta púxolle data a estas probas que a comunidade educativa tilda de "calvario" e "innecesarias". Terán lugar os días 11, 12 e 13 de maio e 24 e 25 de maio. 

DIANTE DA CONSELLARíA DE EDUCACIóN

Concentración contra a Lomce e as reválidas

A Plataforma galega en defensa do ensino público desenvolve una campaña para animar as familias a que rexeiten as reválidas de 3º e 6 º de Primaria.

Tombar a Lomce

SOCIAL

13-A: Greve no ensino

O estudantado galego está chamado a unha xornada de paro contra a LOMCE e o decreto 3+2, mais tamén na defensa do ensino público.

PGDEP_Amparo_Valedora do pobo
SOCIAL

A Plataforma galega en defensa do ensino público pide amparo á Valedora para que paralice a LOMCE

Rexistrou unha petición na que explican as razóns da súa demanda após o Congreso instar o goberno español da súa suspensión.

Congreso
SOCIAL

O Congreso acorda paralizar a LOMCE mais o goberno en funcións di que continuará adiante


As ANPAS galegas aseguran que se está a recuperar "a boa dirección" mentres que Educación fala de "caos" de se suspender".