O Congreso paraliza o calendario de aplicación da Lomce

O ministro de Educación anuncia unha conferencia sectorial para o 28 de novembro.

Congreso
photo_camera Congreso

O Congreso español deu o primeiro paso para acabar coa arquitectura da Lomce ao aprobar a proposición de lei presentada polo PSOE e na que se instaba a paralizar o calendario desta lei educativa, o que pode afectar as reválidas, as avaliacións finais de ESO e bacharelato. Nesa proposta ínstase ao goberno a remitir á Camara unha nova lei consensuada e que derrogue a impulsada polo ministro Wert.

O actual ministro de Educación, Méndez de Vigo, anuncuou que o vindeiro 28 de novembro terá lugar unha conferencia sectorial cos conselleiros autonómicos “coa intención de chegar a un acordo”.

O PP votou en contra, mais a súa nova situación, sen maioría absoluta, impediu que poidese evitar o primeiro paso da oposición para acabar coa Lomce. 

Comentarios