Esta cuarta feira (11 de maio) comezarán os exames de avaliación do alumnado de 6º de Primaria. Con motivo da execución das reválidas, que tamén atinxirán o estudantado de 3º curso, a comunidade educativa dos centros de ensino galegos desenvolveu diversos actos de protesta coincidindo coa hora do recreo.
As mobilizacións fan parte do calendario convocado pola Plataforma galega en defensa do ensino público e dan continuidade ás decorridas o 4 de maio en vilas e cidades do país. Desde a plataforma reiteran o seu chamamento ás familias para que non leven as súas crianzas aos centros educativos nas datas en que teñan lugar as probas.
O 11 de maio está prevista unha concentración diante da Consellaría de Educación coincidindo co inicio das probas.