O ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, asegurou que os recentes cambios anuncados nas probas finais de cuarto de ESO e de segundo de Bacharelato son “un primeiro paso” para acadar un “pacto nacional educativo”, precisando que en calquer caso a Lomce “non se vai derrogar nin paralizar” neste curso.
Unhas declaracións feitas após se coñecer os cambios que inclúe o proxecto de real decreto-lei que o goberno quer aprobar a principios de decembro.A avaliación final de Bacharelaro será moi semellante á Selectividade, con exames só das asignaturas troncais de 2º e non dos dous cursos da etapa, e só o farán aqueles alumnos que queiran acceder á universidade.
Ademais, a avaliación de 4º da ESO será mostral, non a van facer todos os centros senón os que elixan as diferentes comunidades autónomas e tratará só das troncais dese curso. Esas avaliacións non van ter efectos académicos.
Méndez de Vigo afirmou que se mantén o obxectivo de avaliar porque iso é “bo”, afirmando que “o que non se avalía, devalúa”.