Dous meses sen servizo de psicomotricidade infantil do CHUAC
O Sergas mantén sen substitución o único posto de especialista que atende 25 crianzas con necesidades específicas.
O Sergas mantén sen substitución o único posto de especialista que atende 25 crianzas con necesidades específicas.
Alá no fondo hai sitio abondo. O circo atómico das irmáns Faynman, de Chévere e dirixida por Xesús Ron para público infantil volverá a escena no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Representantes das nais e pais do alumnado da Galiña Azul critican que non se lles remita a documentación solicitada e reclaman a autorización de abertura da aula.
O director, autor e actor teatral está a ultimar a adaptación dun espectáculo infantil que estreará o vindeiro 1 de novembro na Illa de Arousa. “Ra ra ra” trátase da adaptación dun texto da súa autoría.
Queres saber como ter o teu horto sen necesidade de partir o lombo, de arrancar malas herbas ou de preparar o terreo, mesmo na túa terraciña, se queres?
Cando presentou por primeira vez as súas intencións de reformar a lei de prazos que regula actualmente o aborto en España, o fundamentalista Ruiz-Gallardón –que nalgún tempo, coa axuda dalgúns medios de comunicación dos chamados progresistas, nos transmitira a impresión de que era o máis liberal da dereita posfranquista–, fixo dramáticas alusións a supostas campañas contra a maternidade e reclamaba a defensa do dereito das mulleres a ser nais, a ser posíbel a tempo completo, coas axudas públicas que fixeran falta.
Só sete centros declaran impartir maioritariamente en galego segundo a enquisa que vén de presentar a Mesa pola Normalización Lingüística, un 2,42 % fronte ao 3,19 % do pasado ano. 94,43 % usan maioritariamente o español.
Aproba unha proposta presentada polo grupo parlamentar de AGE que insta a Xunta a evitar que as crianzas carezan de alimentación ou sustento.
Miguelanxo Prado con O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba e Fausto Isorna con Animal Fun!, regresan á ilustración infantil con estes dous novos títulos de El Patito Editorial, un lanzamento de cara ao Día Internacional do Libro Infantil.
Cantigas para aprender a soñar da escritora e actriz Mª Xosé Lamas resultou gañadora da sétima edición do premio Arume de Poesía infantil que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas.
O escritor Manuel Rivas regresa á literatura infantil co libro O raposo e a mestra, unha homenaxe ao monte Pindo e ás mestras. O libro está no prelo e será presentado no Culturgal.
Cada ano, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra homenaxea a un autor ou autora da escrita para públicos novos. A próxima será a 15 edición e, con este motivo, queren celebrar a tod@s que foron homenaxead@s en anteriores edicións.
Iniciativas novidosas, con alcance, transversais e con implicación social. Son as características que a Asociación Culturgal valorou á hora de seleccionar os tres proxectos que serán sometidos á votación popular. Un deles será o gañador da primeira edición do Premio do Público Culturgal que se entregará na feira das industrias culturais o día 1 de decembro.
Os días 3 e 4 de outubro estrearanse dúas obras para público infantil de Roberto Vidal Bolaño. Serán na mesma rúa do centro histórico de Compostela mais en teatros diferentes. Cachirulo ofrece a montaxe de “Romance dos figos de ouro” no Teatro Principal e ao día seguinte o CDG en coprodución con Teatro de Noroeste levará á escena “Touporroutou da lúa e o sol”.
Organizacións políticas e sociais denuncian o que consideran que é unha decisión ideolóxica do goberno e que supón mesmo unha vulneración da lei de comunicación audiovisual
De luns a venres, a Feira do Libro de Vigo ábrese de maneira especial coa Semana da Música Infantil “Lemos cantamos, gozamos” que ofrecerá concertos todos os días ás 20 horas. Mamá Cabra, Uxía ou Magín Blanco cantarán para o público máis novo na Alameda.
'Cadeas', de Xabier López, obtivo o Premio Xerais de Novela 2013. E 'O castañeiro de abril', de Fraga Allegue, levou o Merlín de Literatura Infantil. Xabier Docampo, como mantedor literario da gala realizada en San Simón, convidou a “ler o libro de nós, o que di dos galegos e galegas que tal queren ser. Ler a nosa nación coma iso, coma unha nación”.
No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a editorial Kalandraka conmemora o seu 15 aniversario anunciando que pon a andar un novo sistema de venda online polo que os seus libros se poden mercar en calquera lugar do mundo. Botamos unha vista á rede para atopar a LIX galega en movemento.