Cándido Pazó ultima o espectáculo infantil “Ra ra ra”

O director, autor e actor teatral está a ultimar a adaptación dun espectáculo infantil que estreará o vindeiro 1 de novembro na Illa de Arousa. “Ra ra ra” trátase da adaptación dun texto da súa autoría. 

Cándido Pazó
photo_camera Cándido Pazó

Como anunciou el mesmo na súa páxina de facebook, o director, autor e actor teatral Cándido Pazó vén de rematar a adaptación do seu próximo espectáculo teatral. Desta volta, o autor de “Ás do peixe” e director e actor de “Memorias dun neno labrego””, por citar só dous dos seus traballos recentes”, adéntrase no teatro infantil levando á escena a adaptación dun texto da súa propia autoría “Ra ra ra”. 

Actores como Vítor Mosqueira e Toni Salgado e actrices como Carla Capeáns e Beatriz Méndez forman parte do elenco dunha montaxe que contará con Belén Pichel na produción e distribución, Afonso Castro no papel de iluminador e axudante de dirección, Carlos Alonso a cargo do vestiario e tratamento escenográfico, Manuel Riveiro na música e Nano Besada na creación audiovisual. A obra estrearase o 1 de novembro na Illa de Arousa.

Comentarios