Chévere regresa ao teatro infantil no Salón de Pontevedra

Alá no fondo hai sitio abondo. O circo atómico das irmáns Faynman, de Chévere e dirixida por Xesús Ron para público infantil volverá a escena no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 

chevere
photo_camera chevere

En 2007 a compañía Chévere estreaba unha obra para público infantil que estivo dous anos de xira, en especial, visitando museos como un achegamento divertido á nanotecnoloxía. Oito anos despois, a compañía volve recuperar Alá no fondo hai sitio abondo. O circo atómico das irmáns Fayman de cara á vindeira edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se desenvolverá do 27 de febreiro ao 28 de marzo co tema “Da ciencia á ficción”. 

Patricia de Lorenzo, Arantza Villar e Pepa Yáñez son as tres actrices que darán vida ás irmáns Fayman nunha obra que, como explicaban desde a compañía, explicará ás crianzas as distintas medidas, desde o metro até a micra. A obra incorporarase ao programa do Salón o día 5 de marzo.

A compañía recupera o circo atómico das Irmáns Feinman, un circo de pulgas con maxia, música e teatro de variedades de cara a achegar o coñecemento científico ás crianzas. O texto da obra é de Manuel Cortés e conta con Jorge Mira como asesor científico. 

Comentarios