Semana de música e literatura infantil na Feira do Libro de Vigo

De luns a venres, a Feira do Libro de Vigo ábrese de maneira especial coa Semana da Música Infantil “Lemos cantamos, gozamos” que ofrecerá concertos todos os días ás 20 horas. Mamá Cabra, Uxía ou Magín Blanco cantarán para o público máis novo na Alameda. 

Maria Fumaça
photo_camera Maria Fumaça

O popular grupo Mamá Cabra abre este luns ás 20 o Festival de música e literatura infantil que convocará todos os días ás 20 horas ao público máis cativo da Feira do Libro de Vigo. Uxía con “Cantaruxa coa Bruxa Maruxa” seguirá na terza feira nunha programación que terá continuidade ata venres. O mércores Susa Herrera ofrecerá “Animais enCantadores” para o xoves Magín Blanco traer o seu entusiasta “A nena e o grilo nun barquiño” na programación preparada por Galaxia. Mamá Cabra de novo, desta volta con “Bicos de música” e o obradoiro de música tradicional “De roda en roda” completarán o venres o “Lemos, cantamos, gozamos”. 

A Feira do Libro, primeira da campaña que se desenvolve en tempo de ferias infantís, ten unha especial atención ao público máis novo e así, ademais da sesión da noite, todas as mañás ofrece actividades para facer lectores a través do teatro e a animación. Contacontos para 0 a 3  con Avoa Youja, obradoiro de reciclaxe con Cucarandainas, relatos arredor do medio ambiente con Servando Barreiro, contacontos con O Titiribaile, a Xanela do Maxín ou Fátima ou a maxia con Toño son algunhas das propostas por volta das 12.30 da mañá

A Alameda estase a converter até o próximo domingo día 7 no verdadeiro centro cultural de Vigo cunha amplísima programación arredor do libro con presenza de autores, debates, espectáculos ou presentación de libros. Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Xavier Correa Corredoira, Xabier Paz, Elena Gallego, Manuel Portas Suso de Toro, Miguel Anxo Fernández, María Reimóndez, Antón Riveiro Coello, Chisco Fernández Naval ou Manuel Portas son algúns dos autores que estarán presentes nunha feira do libro que está a piques que na próxima edición chegará aos seus corenta anos.  

Toda a programación na páxina web das Feiras do Libro. 

Comentarios