indulto

indulto lira imaxe BNG Carnota
SOCIAL

Unanimidade no Parlamento polo indulto do ex presidente dos percebeiros de Lira

Unha proposición non de lei presentada polo BNG derivou no apoio unánime do Parlamento de Galiza á petición de indulto do ex presidente dos percebeiros de Lira (Carnota), Manuel Martínez Lustres, condenado a tres anos de prisión por un incidente cun furtivo.
 

indulto lira imaxe BNG Carnota
SOCIAL

Centos de persoas ateigan o porto de Lira polo indulto para o expresidente dos percebeiros

Está condenado a tres anos de prisión por agredir un furtivo. Na concentración estiveron presentes varios patróns maiores e rostros coñecidos como o actor Miguel de Lira.

SOCIAL

Máis de 2.000 sinaturas polo indulto a Manuel de Talelo

Carnota móvese polo indulto a un veciño e mariñeiro condenado a 3 anos por agredir un furtivo.

serafin carlos indulto
Serafín Rodríguez

“Sen o apoio recibido nestes anos, non seríamos quen de seguir en pé”

Serafín Rodríguez tivo que agardar canda Carlos Rivas seis anos por un indulto, unha medida que chegou oficialmente a pasada segunda feira vía BOE. Foron anos duros para eles e as súas familias, afirma Rodríguez, que destaca o apoio recibido ao longo de todos este proceso.

carlos e serafin indulto
SOCIAL

O BOE publica o indulto para Carlos e Serafín, unha medida que chega despois de seis anos

A medida é oficial após ser publicada esta segunda feira no Boletín Oficial do Estado.

Carlos e Serafín
TRABALLO

Carlos e Serafín serán indultados “en próximas datas”, segundo Caballero

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, está convencido de que “en próximas datas” o Goberno de Pedro Sánchez moverá ficha para indultar os sindicalistas Carlos Rivas e Serafín Rodríguez.

manifestacion  carlos e serafin
SOCIAL

A demanda do indulto para Carlos e Serafín volveu ás rúas de Vigo

Centos de persoas tomaron parte na manifestación en apoio aos dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete da greve do transporte en 2008.

carlos e serafin indulto
SOCIAL

Traducir nas rúas de Vigo o “clamor” a favor do indulto de Carlos e Serafín

CIG, CCOO e UGT fan un chamamento ao conxunto da cidadanía a participar na manifestación convocada esta quinta feira para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. 

Carlos e Serafín
SOCIAL

Serafín e Carlos, tres anos agardando o indulto

Os dous traballadores do sector do transporte foron condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete de folga en 2008. Esta quinta feira 9 de xuño haberá unha concentración por eles en Vigo (20 horas, perante o Museo de Arte Contemporánea)

carlos serafín
Galiza

Unha concentración reclama o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

Esta quinta feira unha nova concentración reclamará en Vigo o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga xeral. Será ás 20 horas diante do Marco. 

Acábasenos a paciencia: indulto xa para Carlos e Serafín!

Cambiou o ministro de Xustiza, cambiou o ano, pero Carlos e Serafín continúan a agardar o indulto que impida que ingresen en prisión.

TRABALLO

Novas mobilizacións para urxir ao Goberno español a concesión do indulto para Carlos e Serafín

Esta quinta feira haberá unha concentración apartir das 20 h diante do MARCO en Vigo. Os traballadores continúan a agardar pola resolución do Executivo español.

TRABALLO

O Parlamento solicita por unanimidade o indulto para Tamara e Ana

A Cámara aprobou hoxe co apoio de todas as forzas con representación parlamentar sumarse á solicitude de que o Consello de Ministr@s lles conceda a medida de graza parcial.

GZ
TRABALLO

Centos de persoas exixen o indulto para Carlos e Serafín en Vigo

Desde as centrais sindicais convocantes (CIG, CC.OO e UGT) instan a xustiza a rematar "con esta incertidume" e ao Goberno español a conceder a medida de graza aos dous traballadores. 

indulto
TRABALLO

A Fiscalía rexeita que se lle conceda o indulto a Carlos e Serafín

O Ministerio Fiscal presentou un recurso perante a xuíza do Penal. "Non entendemos por que se ensaña con nós", denuncian os traballadores condenados a 3 anos de cadea. Unha concentración o 10 de abril reclamará o indulto.

indulto
POLÍTICA

Unanimidade no Parlamento a prol do indulto para Carlos e Serafín

A instancias dunha proposición do BNG a Cámara galega demandará ao executivo español que conceda a medida de graza para os dous traballadores vigueses condenados a 3 anos de prisión por tomaren parte dun piquete informativo en 2008. 

indulto
POLÍTICA

O Concello de Vigo apoia o indulto para Carlos e Serafín que o Parlamento volverá debater

O pleno de Vigo aprobou de maneira unánime unha moción de apoio aos sindicalistas que foron condenados por tomaren parte dun piquete informativo en 2008. Esta cuarta feira o pleno do Parlamento debaterá unha petición de indulto após vetar o PP na anterior sesión unha declaración presentada polo BNG. 

indulto
Galiza

Centos piden o indulto para Carlos e Serafín ás portas do MARCO

Convocada polas tres centrais sindicais (CIG, CCOO, UGT)unha nova mobilización en Vigo exixiu o indulto para os dous traballadores condenados a 3 anos de cadea por participaren nun piquete informativo en 2008. 

SOCIAL

O vigués David Reboredo sae do cárcere após o indulto parcial concedido polo Goberno español

Cumprirá a outra condena, imposta en 2007 e cuxo indulto fica aínda sen resolver, nun réxime de semi-liberdade no centro de inserción social Carmen Avendaño. O Goberno español conmutou a condena de 2010 por unha multa de 1.440 euros, que deberá pagar en dous anos a razón de dous euros ao día
SOCIAL

O goberno español concede o indulto parcial a David Reboredo

O consello de ministros acordou conceder o indulto parcial a David Reboredo, extoxicómano e rehabilitado, que estaba condenado a 7 anos de cárcere. A familia valora o paso como "importante" mais insuficiente pois "David seguirá na cadea"