Carlos e Serafín serán indultados “en próximas datas”, segundo Caballero

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, está convencido de que “en próximas datas” o Goberno de Pedro Sánchez moverá ficha para indultar os sindicalistas Carlos Rivas e Serafín Rodríguez.

Carlos e Serafín
photo_camera Carlos e Serafín

Gonzalo Caballero afirmou na mañá da quinta feira en declaracións aos medios que está convencido de que “en próximas datas” o Executivo central se pronunciará de maneira favorábel a respeito da petición de indulto de Carlos e Serafín, quen nunha entrevista concedida a Sermos Galiza, expresaban: "Como lles explico eu ás miñas fillas que o seu pai vai ir á cadea sen facer nada?".

O Parlamento de Galiza, lembrou o secretario xeral do PSdeG, solicitara por unanimidade o indulto parcial dos sindicalistas para evitar que ingresasen en prisión. Carlos e Serafín foron condenados en 2009 a tres anos de cadea por un delito contra os dereitos das traballadoras e traballadores por participaren nun piquete durante unha folga.

O Goberno de Sánchez “ten un compromiso coas causas sociais moi importante”, sinalou Caballero, quen salientou que está “convencido” de que o caso de Carlos e Serafín “está na axenda de compromisos do PSOE e do Goberno”.

Comentarios