Unha concentración reclama o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

Esta quinta feira unha nova concentración reclamará en Vigo o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga xeral. Será ás 20 horas diante do Marco. 

carlos serafín
photo_camera carlos serafín

Unha nova concentración lembrará en Vigo que o caso de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez non está pechado e continúa a ser necesario reclamar o indulto para estes dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga legal na demanda dun convenio colectivo xusto para o sector do transporte. 

O goberno de Mariano Rajoy denegara o indulto nun primeiro intento e, por iso, a mobilización reclamará, máis unha vez que remate o sufrimento para os dous traballadores e as súas familias que viven coa incerteza dunha condena que continúa vixente. 

Comentarios