Himno galego

Eduardo Pondal. (Foto: RAG)
CULTURA

Por que está deturpado o Himno galego? Así sería a letra orixinal composta por Eduardo Pondal

A ILP defendida por Vía Galega para restaurar o texto orixinal non saíu adiante pola negativa de PP e PSdeG.
Intervención de Manuel Ferreiro desde a tribuna do Parlamento. (Foto: Arxina)
CULTURA

Vía Galega considera un "desprezo absoluto" a negativa de PP e PSdeG a restaurar o Himno galego

A restauración da composición orixinal de Eduardo Pondal, defenden desde a entidade promotora da ILP, "xustifícase por razóns de xustiza e de reparación da verdade dun dos nosos símbolos fundamentais" que, en palabras de Pondal, "nos identifica publicamente como fillos e fillas da nazón de Breogán", isto é, "como galegos e galegas".
Pleno do Parlamento da Galiza (Foto: Parlamento da Galiza).
Parlamento

PP e PSdeG votan en contra de restaurar a letra fidedigna do Himno galego

O voto en contra do PP e do PSdeG provocou que a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) impulsada por Vía Galega e Galiza Cultura para restaurar o texto fidedigno do Himno da Galiza asinada por perto de 16.000 persoas non saíse adiante. Só o BNG decidiu apoiar a iniciativa.

Representantes da comisión promotora da ILP para a reparación do himno no Parlamento. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Case 16.000 sinaturas apoian a restitución do himno galego

A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión presentou onte ante a Xunta Electoral da Galiza 15.857 sinaturas que chaman ao Parlamento a acoller na Lei de símbolos da Galiza a letra orixinal do himno de Pondal.
Entrega das sinaturas esta segunda feira no Parlamento da Galiza (Foto: Arxina).
CULTURA

Entregan 15.857 sinaturas en apoio da ILP para a restauración do texto fidedigno do himno galego

En nome de Vía Galega e Galiza Cultura, Anxo Louzao agradeceu a total disposición das 30 persoas da comisión promotora, mais tamén a de cada unha das persoas asinantes e das entidades e organizacións que se implicaron na recollida de sinaturas "para facer factíbel que a poidamos defender no Parlamento".
A coral da Asociación Solfa é un dos conxuntos do país que xa interpreta o Himno da Galiza na súa versión non deturpada. (Foto: Solfa)
star
CULTURA

A deturpación do Himno galego debaterase no pleno da Real Academia Galega

A plataforma social Vía Galega promoveu xuntanzas tanto cos tres grupos políticos que forman parte do Parlamento da Galiza como coa RAG para emprazalos a tomar posición a respecto da restauración do Himno galego, deturpado institucionalmente.  
Fragmento do filme 'Fíos sen tecer de Kashi'.
CULTURA

O Himno Galego, en versión 'Bollywood'

O programa 'Atrápame se podes' da TVG tivo esta terza feira un grande e inesperado protagonista. O concursante Basilio Camiña, natural de Meaño, narrou ante as cámaras como participou hai catro anos nun filme indio, Fíos sen tecer de Kashi, cunha particular interpretación do Himno Galego tocado con trombón. O xornalista Marcus Fernández recuperou o trailer da película no que aparece este fragmento e compartiuno nas redes sociais, que celebraron a descuberta.

Fonte: Marcus Fernández

CULTURA

Galiza Cultura e Via Galega presentan á Real Academia Galega a iniciativa popular que chama a restituír o Himno galego

A delegación solicitou da RAG o seu apoio á proposición de lei de iniciativa lexislativa popular (ILP) para a restauración do texto fidedigno do Himno galego e a súa difusión