CULTURA

O Himno Galego, en versión 'Bollywood'

O programa 'Atrápame se podes' da TVG tivo esta terza feira un grande e inesperado protagonista. O concursante Basilio Camiña, natural de Meaño, narrou ante as cámaras como participou hai catro anos nun filme indio, Fíos sen tecer de Kashi, cunha particular interpretación do Himno Galego tocado con trombón. O xornalista Marcus Fernández recuperou o trailer da película no que aparece este fragmento e compartiuno nas redes sociais, que celebraron a descuberta.

Fonte: Marcus Fernández