fronteira

Cayo Lara
POLÍTICA

Cayo Lara reférese a AGE como a confluencia de "federalistas españois e nacionalistas galegos"

O coordinador federal de IU afirma nunha entrevista na Radio Galega que aposta por manter a alianza “co señor Beiras por moito tempo” e que “en Galiza podemos ser a segunda forza”. Lara ve en AGE a confluencia dos "federalistas españois" cos "nacionalistas galegos"

Vikingland
CULTURA

Un novo cinema traspasa fronteiras

Son peliculas sen apenas orzamento, con directores novos e apostas creativas. Teñen fechado o circuito de distribución comercial mais ábrense camiño por elas mesmas máis alá das nosas fronteiras, presentándose a festivais e gañando premios para o novo cinema galego. Vikingland de Xurxo Chirro, Arraianos de Eloy Enciso e Anacos, de Xacio Baño, son tres das que alcanzaron maior proxección internacional.
Mundo

''Mallaron en nós até nos partiren os ósos''

Organizacións de dereitos humanos critican o goberno español polo trato a inmigrantes na fronteira marroquí. Até 73 persoas foron devoltas a Marrocos após saltaren o valo por Melilla, nunhas condicións que vulneran os tratados internacionais e a Lei de estranxeiría. Entrementres a policía marroquí atacou brutalmente os campamentos de saharauis na fronteira
Letras e Ideas

AGAL exemplifica que o galego non ten fronteiras

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) comezou unha campaña de filiación de soci@s que decorrerá neste ano 2012. Nela o primeiro chanzo foi editar un video onde varias caras coñecidas apoian a idea de que a nosa actitude para co idioma galego ten que mudar de guión. Denuncian que nos últimos trinta anos, a maioría das políticas lingüísticas no noso país descansan sobre a idea de que hai uns límites para o galego. AGAL tivo esta fin de semana a súa Asemblea Xeral e Asemblea Extraordinaria en que se aprobou a doazón de fondos bibliográficos para a súa difusión.

Forzas de seguridade de Paquistán na fronteira con Afganistán. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
Agora

Paquistán e Afganistán intercambian ataques na proximidade da área limítrofe que comparten

Os talibán, que gobernan en Afganistán, sostiveron a segunda feira que lanzaron varios ataques “con armas pesadas” contra centros militares de Paquistán perto da fronteira. Pouco antes, o grupo xihadista apuntou que no mínimo oito persoas morreron en ataques aéreos paquistanís en dúas provincias afgás, e sinalou que o líder insurxente que buscaban abater as autoridades de Islamabad, Adbullah Shah, está no territorio paquistaní.