Paquistán e Afganistán intercambian ataques na proximidade da área limítrofe que comparten

Os talibán, que gobernan en Afganistán, sostiveron a segunda feira que lanzaron varios ataques “con armas pesadas” contra centros militares de Paquistán perto da fronteira. Pouco antes, o grupo xihadista apuntou que no mínimo oito persoas morreron en ataques aéreos paquistanís en dúas provincias afgás, e sinalou que o líder insurxente que buscaban abater as autoridades de Islamabad, Adbullah Shah, está no territorio paquistaní. 
Forzas de seguridade de Paquistán na fronteira con Afganistán. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
photo_camera Forzas de seguridade de Paquistán na fronteira con Afganistán. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
Comentarios