festa

Alumeado de Nadal en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

As panxoliñas, unha tradición que na Galiza se remonta ás cantigas de escarnio

Os expertos defenden distintas orixes dos vilancicos no país.
Versión galega do antipasti, un aperitivo típico de Italia. (Foto: Anxo Fole).
star
Caderno 'Gozar'

Como comezar con bo pé as comidas do Nadal?

Algunhas ideas para gozar petiscando nas vindeiras festas.
 
O Arde Lucus volveu após a pandemia no 2021, aínda que non no seu formato convencional. (Foto: Concello de Lugo)
CULTURA

O Arde Lucus de 2022 xa ten datas

O Arde Lucus de 2022 celebraráse entre o 9 e 12 de xuño
O Festival de Ortigueira, que sí conta con bandas galegas, nunha imaxe de arquivo. (Foto Europa Press)
star
Substitúen as verbenas mais... ficarán na axenda?

Boom de festivais

Hai cancelacións puntuais, mais tampouco cesan os anuncios de novas propostas musicais con artistas nacionais e estatais. O sector das orquestras, especialmente castigado pola crise sanitaria na Galiza, desconfía do apoio que están dando os concellos, pois non entende a diferenza de criterios entre unhas e outras iniciativas. No medio do debate xorde outra polémica: por que non hai unha aposta na música galega para deixar o investimento na Galiza?
Festa da Auga en Vilagarcía. (Foto: Turismo rías Baixas)
SOCIAL

Cancelada a Festa da Auga en Vilagarcía e o combate naval pola Covid

Vilagarcía celebrará a festa do San Roque sen eventos multitudinarios para evitar as grandes concentracións de persoas, coa Festa da Auga e o combate naval cancelados debido á situación sanitaria.
Fogos do Apóstolo este 24 de xullo. (Foto: Arxina).
CULTURA

As festas do Apóstolo Santiago

O pasado 20 de xullo comezaron as festas do Apóstolo deste verán 2021, unha celebración moi agardada despois da súa cancelación o pasado ano. O programa cultural desta festividade conta cunha gran variedade de actividades que van desde actuacións musicais até shows na rúa. Como cada ano, os fogos de artificio da noite do 31 pecharán as festas e o mes.
O Arde Lucus volveu após a pandemia no 2021, aínda que non no seu formato convencional. (Foto: Concello de Lugo)
SOCIAL

Volven as festas: cal será a primeira á que vaias?

A Romería Viquinga de Catoira, a Festa da Istoria de Ribadavia ou o Arde Lucus son algunhas das opcións prediletas dos e das galegas. 

A Festa de San Diego

Santiago Martínez Santana e Aurora Dacal Castro no seu obradoiro en Xinzo de Limia (Fundación Artesanía da Galiza).
CULTURA

Santiago Martínez: "Igual que mudamos nós como seres humanos e a forma de manexarnos, mudou o Entroido"

No obradoiro de arte Arrebol de Xinzo de Limia as pantallas nacen todo o ano para estar a punto no Entroido. As mans de Santiago Martínez levan máis de trinta e oito anos elaborando de maneira artesanal unha das máscaras máis coñecidas desta festa na Galiza. Con el traballa Aurora Dacal, artesá especialista en cartón pedra e en arxila polimérica. Malia o tempo que levan como artesáns, agora animáronse a estabelecer un obradoiro físico e para este mesmo verán pensan dar a coñecer as súas técnicas a través de cursos abertos ao público en xeral.
Unha noite de San Xoán na praia, na Coruña, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Tiñas plan para San Xoán? É posíbel que sexa obrigatorio cancelalo

Moitos concellos da Galiza aínda non se pronunciaron, mais tamén hai os que -seguindo a liña marcada en localidades como Alicante- alertan de que haberá sardiñadas pero non cacharelas nin acceso ás praias.
Concentración dunha representación do sector das verbenas galegas onte, diante do Parlamento, en Compostela (Arxina)
TRABALLO

O sector das verbenas galegas urxe diálogo nos protocolos para reiniciar a actividade e un rescate

Polbeiras, orquestras, cantinas e un conxunto de empresas que se dedican a traballar as festas populares levan desde marzo de 2020 sen actividade. Denuncian que non hai diálogo nin contan co seu sector para as axudas á reacitivación. Esta cuarta feira concentráronse diante do Parlamento e entregaron unha carta coas súas demandas dirixida ao Presidente da Xunta.
Pantalla de Xinzo. / Santos
star
Reportaxes

As mil caras do Entroido

A partir do dous de febreiro, día das Candeas, coas vagas do recendo das mimosas e o retorno das bandadas de paxaros, a Galiza das tribos, dos castros, das parroquias e das leiras, esperta coa forza do instinto. E faino sumando saberes da súa ancestral cultura para penetrar no seu espírito, como matinaba Risco. Ábrense entón ás festas do Entroido, á entrada na primavera pola porta festiva das Carnestolendas, en ritos de pasaxe, de iniciación, da carne.

Hikkikomori

Cabalgata de Reis Magos na ponte internacional de Tui (Pontevedra) (Foto arquivo)
O coronavirus fai mudar a organización das tradicionais carrozas

As recepcións oficiais substitúen os desfiles das cabalgatas de Reis

A Covid-19 obriga aos concellos a buscar alternativas para non deixar as crianzas galegas sen desfiles de Reis. As carrozas estáticas ou as recepcións con inscripción previa son as alternativas máis utilizadas.

Vista da vila de Sanxenxo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

A Policía Local de Sanxenxo intervén nunha festa ilegal de Aninovo nun hotel

Os axentes interpuxeron máis dunha vintena de denuncias ás persoas que participaban da celebración, que supostamente non cumpría os protocolos estabelecidos en plena pandemia.
Imaxe de arquivo dunha celebración pública organizada en Granada. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O sector do ocio nocturno prevé "entre 3.000 e 4.000" festas particulares este Fin de Ano

O presidente da Federación de Asociacións de Salas de Festa e Discotecas da Galiza (Fesdiga), Samuel Pousada, prevé un incremento dos contaxios por estas reunións "clandestinas" e casi imposíbeis de controlar.
Maceda
SOCIAL

A festa de aniversario do alcalde, sen medidas anti-Covid, que arroiba a vila de Maceda

En plena pandemia o rexedor celebrou os seus 50 anos cunha festa na que, segundo a oposición, non se respectaron as preceptivas medidas de seguridade.

Non a festas (en) de negro

385 repor 1
star
Reportaxes

Os tótems do Entroido galego: do Meco ao Momo, pasando polo Urco e polo Ravachol

Meco, Momo, Labardeiro, Lardeiro, Chocalleiro, Felo... Múltiples son os nomes que recibe o Entroido na Galiza, dependendo da zona. O ídolo, con todo, cumpre unha función análoga resultado de diferentes tradicións pasadas que se confunden e dialogan, aprendendo a negociarse aínda no presente, nun ritual purificador que deixa atrás o letargo do inverno para entrar de cheo no acordar primaveral. 
378 Arquitectura
star
Arquitectura

De 'leds' e decibéis

O  tradicional alumeado do Nadal xunto coa nova tecnoloxía led devén oportunidade para transformar a forma das nosas vilas.