O Arde Lucus de 2022 xa ten datas

O Arde Lucus de 2022 celebraráse entre o 9 e 12 de xuño
O Arde Lucus volveu após a pandemia no 2021, aínda que non no seu formato convencional. (Foto: Concello de Lugo)
photo_camera O Arde Lucus volveu após a pandemia no 2021, aínda que non no seu formato convencional. (Foto: Concello de Lugo).

O Arde Lucus celebrarase en 2022 entre os días 9 e 12 de xuño, segundo avanzou este sábado a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Na xornada de onte, unha recreación de tropas romanas atravesou a ponte romana sobre o río Miño para 'tomar' un ano máis a cidade amurallada. Este acto simbólico e unha ofrenda aos deuses, coa alcaldesa e a asociación Arde Lucus, serviu para presentar esta festa.

Na cita participaron tamén xornalistas dunha decena de países e tres continentes co obxectivo de divulgar a historia e o patrimonio da cidade. 

A alcaldesa puxo en valor unha festa que conta coa colaboración de 19 asociacións da cidade. Segundo afirmou Méndez, trátase dun evento que "únenos como pobo e que preparamos con paixón, orgullo e do modo máis fidedigno e respectuoso cos nosos antepasados".

Volta após a Covid

A de 2022 podería ser o primeiro Arde Lucus sen restricións, aínda que todo vai depender da evolución da Covid. 

Na deste ano, na que se celebrou a súa vixésima edición, contou cunha retransmisión da festa en liña. “Queremos que se afonde na consecución dese Arde Lucus internacional e en liña podemos chegar a calquera recuncho do mundo, a calquera fogar”, dicía entón a alcaldesa.

A recreación histórica que se fai no Arde Lucus está considerada Festa de Interese Turístico Galega e Festa de Interese Turístico Nacional.

Comentarios