Opinión

Non a festas (en) de negro

Estes días as festas, xunto coa lotaría e co “Albatros”, terán o seu aquel, pois son de tomar decisións para armalos e de como organizarnos con honestidade, claridade e prudencia, superando situación e incomodidades que non se nos darían normalmente. Temos que ver que (e como) facer. O virus circula. E, de momento, falar da vacina non debese xerar falsas seguridades. As responsabilidades, da cidadanía, compartidas coas obrigadas e necesarias do Goberno de Galicia (x3), deben manterse con enerxía e firmeza. As cousas hai que facelas ben. O perigo cero non existe e a saúde nesta pandemia depende de nós en boa medida, aínda que aos de alá arriba de San Caetano lles toca promover e mover as propostas, individuais e colectivas. Tamén coidarán das faladurías e das intoxicacións que circulen polo país, que ben sabemos que provocan desconfianzas que se fan fortes alí onde a información limpa e veraz non chega. Han persistir teimosamente nas medidas de seguridade, na concienciación e nas restricións.

As decisións non o serán a curto prazo, pois estas poden volverse alimento de moitos problemas para mañá. Hai que actuar máis e pronto. A pandemia colócanos na realidade e na humildade de nos mirar e vernos. Ninguén gusta de mortes nin de “ecos” doutros días. Tampouco do caos. Non é doado predicir cando acabará esta “onda”. Toca surfear ou quedar na casa. Estas festas, nas tristezas, non poden ser de negro. Tampouco nas trampas nin nas parrandas, non as celebremos en negro. Que todos e todas esteamos ben.

Comentarios