Eleccións Xerais 2015

PRESENTACION NÓS-CANDIDATURA GALEGA A CORUÑA
POLÍTICA

A primeira iniciativa de Nós no Congreso será defender unha tarifa eléctrica galega

Avanzouno Carlos Callón durante o acto de apresentación da candidatura na Coruña

Podemos
ERREJóN DI QUE ABRIRÁN A CAMPAñA EN CáDIZ, "BERCE DA NOSA SOBERANíA NACIONAL"

Podemos propón "un novo pacto territorial de convivencia para as próximas décadas"

A formación política presentou web para os comicios do 20 de decembro baixo o lema 'Un país contigo'.

Mesa de votación_Vigo
POLÍTICA

Un mes para as eleccións xerais máis decisivas

En apenas dúas semanas comeza formalmente unha campaña electoral que, porén, semella que esá en marcha desde as Europeas de 2014. As candidaturas quentan motores para uns comicios decisivos nos que 2.400.000 galegos elixirán moito máis que 23 deputados e 16 senadores.

BNG, CG, PG, Foga, PCPG, IpU
POLÍTICA

“Non queremos preme-botóns de consignas de partidos estatais”

Bloque, PG, CG, Foga, PCPG e IxP expresan o seu apoio a Nós-candidatura galega, por ser, din, “a suma das vontades” a favor do país.

Nós-CG
POLÍTICA

'Nós' recolle o testemuño do traballo do nacionalismo nas Cortes españolas

Os integrantes da lista reuníronse perante o Museo do Pobo Galego para presentar a candidatura como a “voz propia” e “100% galega” que vai defender "o país e o seu futuro".

En Marea
POLÍTICA

En Marea afirma que fixo “unha candidatura envexábel”

Rubén Pérez e Rafa do Pico avalían positivamente o proceso de validación das listas, embora recoñecer que “non se fixo todo o ben que se podía ter feito”. Afirmaron que a plataforma ten vocación de continuidade.

anova_urna_estreita
POLÍTICA

Gladys, Saa, Carlos Lorenzo e Alexandra Fernández, propostas de Anova para 'En Marea'

As primarias internas para escoller as persoas a propor para formar parte na candidatura da coligazón tiveron un 63% de participación.

Congreso español
BARóMETRO DE 'EL DIARIO'

A 5 semanas do 20-D: BNG mantería representación e PP e Cs sumarían maioría absoluta

A enquisa de 'Celeste-Tel' vaticina entre 1 e 2 deputados para os nacionalistas galegos. O PP mantense como primeira forza, o PSOE segue a caer e Ciudadanos recadaría xa 1 de cada 5 votos. Podemos móvese nos 30 escanos.

POLÍTICA

Beiras non concorre ás primarias de Anova

A formación desenvolve un proceso interno para designar as persoas que farán parte das listas de En Marea.

POLÍTICA

Podemos presenta Gómez Reino como 1 pola Coruña antes das primarias da Marea

O partido de Pablo Iglesias deu a coñecer as súas candidaturas publicamente nun acto en Madrid.

Pablo Iglesias entrevista El Larguero SER
ENTREVISTA A PABLO IGLESIAS

"Hai moitos cataláns que din 'eu catalán antes que nada', e moitos vascos, incluso algúns galegos"

No programa deportivo líder do dial español, El Larguero, o líder de Podemos di que España é "un país de países" no que "hai diferentes sentimentos nacionais que conviven". Dixo que durante o mundial de Sudáfrica a bandeira española foi "un elemento de inclusión para todos".

POLÍTICA

Lugonovo marca distancia con 'En Marea' e dará liberdade de voto para o 20-D

A marea, con 3 concelleiros na cidade lucense, non pedirá o voto para ningunha formación nas eleccións xerais.

[Imaxe: BNG] Votación das primarias en Compostela
CALLóN, CABEZA DE LISTA NA CORUñA CO 65% DO VOTO FRONTE AO 32% DE TEREIXA NOVO

Máis de 4.000 persoas votaron nas primarias de Nós-Candidatura Galega

Foron máis de 4.000 as persoas que acudiron a votar este domingo nas eleccións primarias organizadas por Iniciativa pola Unión, nas que Carlos Callón (65% dos votos) se impuxo a Tereixa Novo (32% dos votos) como cabeza de lista pola Coruña.

Suso Bermello.
SUSO BERMELLO, MEMBRO DA COORDINADORA DE IPU

“Vai haber 144 mesas para as primarias e é a primeira vez que se fai algo así”

Suso Bermello, membro da Coordinadora de Iniciativa pola Unión, debúllanos os pasos que seguiu IpU para facer das primarias unha realidade.

Podemos, Anova e EU rexistran a coligazón

Podemos ocupará un lugar destacado na papeleta de En Marea

Cando estaba a piques de se fechar o prazo para as coligazóns electorais, Podemos, Anova e a Esquerda Unidade presentaron a documentación para concorreren ás eleccións do 20 de decembro co nome En Marea.

alberto garzón (foto IU)
POLÍTICA

Garzón critica que Podemos vaia na Galiza nunha "sopa de siglas", mais nela está EU

O candidato de 'Unidad Popular' ás eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro asegura que Pablo Iglesias ten que aclarar as “contradicións” de Podemos por sobrepasar as “liñas vermellas” que o propio partido se marcara.

Presentación Nós_Candidatura Galega
POR VEZ PRIMEIRA XúNTANSE AS CANDIDATAS áS PRIMARIAS

Candidatura Galega lembra co seu logo a “Xeración Nós"

Iniciativa pola Unión fixo público o logotipo de Nós. Candidatura Galega nunha rolda de prensa na que participaron as candidatas ás eleccións primarias abertas.

Xesús Manuel Suarez
PRESIDENTE DO PG, CANDIDATO áS PRIMARIAS DE NóS

“Na transición pagamos caro non ter grupo parlamentar. Non debe voltar a pasar”

Xesús Manuel Suárez defende a aposta en Nós-Candidatura galega como “unha prioridade” perante a “situación de emerxencia na que se atopa o país”.

POLÍTICA

O CIS prevé a vitoria do PP e mantén a caída de Podemos mentres C's sobe

O barómetro de outubro outorga unha estimación de voto do 29,1% para o partido de Mariano Rajoy, seguido do PSOE (25,3). O BNG obtería o 0,5%, dúas décimas menos que en xullo. 

Segundo González
SEGUNDO GONZáLEZ (FOGA), CANDIDATO DE IPU áS PRIMARIAS

"Galiza non pode estar a expensas do que veña de fóra"

Membro da coordinadora nacional da FOGA, Segundo González presentouse ás eleccións primarias de Iniciativa pola Unión para concorrer na lista de Nós. Candidatura Galega ao Congreso.