Garzón critica que Podemos vaia na Galiza nunha "sopa de siglas", mais nela está EU

O candidato de 'Unidad Popular' ás eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro asegura que Pablo Iglesias ten que aclarar as “contradicións” de Podemos por sobrepasar as “liñas vermellas” que o propio partido se marcara.

pablo garzon
photo_camera Alberto Garzón e Pablo Iglesias

Alberto Garzón quer que Podemos explique por que acepta ir en Galiza nunha “sopa de siglas”, como denominou á coligazón da que fai parte, ademais do partido de Pablo Iglesias, a propia Esquerda Unida.  O candidato de 'Unidad Popular' (a coligazón impulsada por IU) á presidencia do goberno español, reiterou esta sexta feira que o seu partido fixo unha aposta clara pola unidade e a converxencia para a cita coas urnas do 20-D e agora é Podemos, afirma, quen debe explicar o que cualificou como as súas "contradicións", ao se negar a pactos estatais mais aceptar a renuncia a "liñas vermellas" en Galiza e Catalunya. 

Para Garzón, segundo remarca a axencia EP, o partido de Pablo Iglesias tería que explicar por que no caso de Galiza, por exemplo, acepta formar parte dunha "sopa de siglas". Unha “sopa de siglas” da que fai parte Esquerda Unida, a formación de Izquierda Unida en Galiza.

Mareas

'Unidad Popular' vai ser o nome que a coligazón rexistre perante a Xunta electoral central e esta denominación é a que aparecerá na papeleta, acompaña das siglas de IU e dos acordos con partidos territoriais, como é o caso de Batzarre (Nafarroa) ou a Chunta (Aragón). Segundo explicou Alberto Garzón, esta candidatura quer “manter vivo” o fío das listas de unidade que triunfaron nas municipais, citando a Manuela Carmena en Madrid e as 'mareas galegas'.

comentarios