Podemos presenta Gómez Reino como número 1 da Coruña antes das primarias da Marea

O partido de Pablo Iglesias deu a coñecer as súas candidaturas publicamente nun acto en Madrid.

Antón Gómez-Reino será o candidato de Podemos pola circunscrición da Coruña. Así o anunciou esta cuarta feira a formación política no acto de presentación pública das súas candidaturas. En virtude do acordo asinado por Podemos, Anova e Esquerda Unida, Gómez-Reino encabezará a lista de En Marea, embora non se teren desenvolvido aínda as eleccións primarias coas que visan ratificar a candidatura. 

A este proceso concorrerá unha única proposta elaborada polas organizacións políticas que asinaron a coligazón electoral. 

Tamén foi presentada Ángela Rodríguez que se candidatará pola circunscrición de Pontevedra. Neste senso, o número 1 de En Marea correspondería a Anova en virtude do pacto asinado entre as formacións.

Aliás, José Manuel Pérez será candidato por Lugo. 

Comentarios