“Non queremos candidatos preme-botóns de consignas de partidos estatais”

Bloque, PG, CG, Foga, PCPG e IxP expresan o seu apoio a Nós-candidatura galega, por ser, din, “a suma das vontades” a favor do país.

BNG, CG, PG, Foga, PCPG, IpU

Unha candidatura desde Galiza e para Galiza, sen dependencias de forzas estatais, e como alicerce de políticas de cambio a favor da maioríoa social. Iso representa 'Nós-candidatura galega' para as e os seus impulsores. En Compostela compareceron esta quinta feira representantes de BNG, Partido Galeguista, Coalición Galega, Frente Obreira Galega, Partido Comunista do Pobo Galego e Iniciativa pola Unión para apoiar a candidatura de 'Nós' como “a suma das vontades” a favor do país.

“Disputamos o espazo da representación de Galiza, da xente que quere unha alternativa de país feita desde aquí frente ás demais alternativas construídas arredor dos proxectos das forzas estatais”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence.

“Non queremos deputad@s apretabotóns ao servizo das consignas do grupo parlamentario da forza estatal de turno, senón representantes que batallen desde o primeiro día e con mans libres para defender os intereses de Galiza, capaces de negociar coas outras forzas en nome da maioría social deste país con total liberdade”, recalcou.

Comentarios