Eleccións europeas 2019

[Imaxe: SG] Xosé Luís Méndez Ferrín
As eleccións a ollos de... Méndez Ferrín

"Hai que contribuír á destrución da Unión Europea"

Como euroescéptico de esquerdas defínese X.L. Méndez Ferrín, quen avoga pola disolución da Unión Europea debido ao seu défice democrático e o seu carácter imperialista. Olla ademais un novo mundo multilateral onde os pobos europeos deben deixar de estar ao servizo dos EE.UU.

Olaia Maneiro
As eleccións a ollos de... Olaia Maneiro

"Temos que defender as enerxías limpas porque estamos acabando co planeta"

A pandereteira Olaia Maneiro, que está a revolucionar a música galega xunto co resto de integrantes de Tanxugueiras, valora cales son as prioridades para Galiza e Europa con motivo das eleccións municipais e europeas do vindeiro 26 de maio.  

FOTO ENCONTRO PESCA VIGO
POLÍTICA

Pontón afirma que o BNG é “a única garantía” para que a pesca teña voz en Bruxelas

A pesca é un dos sectores económicos da Galiza que máis se xoga en Bruxelas. Por iso, en plena campaña para as eleccións do 26 de maio ao Parlamento Europeo, o BNG programou un encontro con axentes do mesmo en Vigo. E alí a portavoz nacional Ana Pontón subliñou que o Bloque é “a única garantía de defensa” coa que contarán.
 

Juan Pirola [Imaxe Gauilunak]
As eleccións a ollos de... Juan Pirola

"A UE é unha ferramenta do imperialismo e, ao igual que o capitalismo, non é reformábel"

Coa firme idea de que a Unión Europea é un instrumento do capital irreconducíbel cara a un ente máis social, Juan Pirola pide á esquerda maior clareza á hora de propor a ruptura coa UE. O músico é membro do grupo Ezetaerre que, cun novo rap e letras combativas, está a converterse nunha das bandas máis potentes do panorama galego.  

Ana Pontón en Compostela
Pontón, Sanmartín e Miranda

Pontón sinala un BNG en alza para dar a Santiago o proxecto transformador que necesita 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou no mitin celebrado pola súa formación na capital galega, xunto a candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, e a alcaldábel nacionalista Goretti Sanmartín. “Non queremos retroceder, nin repetir catro anos de ineficacia e parálise” afirmou Pontón, quen puxo como exemplo para Compostela o modelo transformador que fai o BNG onde goberna.

D6ri5CsXsAAJvzv
Europeas

O pai do venezuelano Leopoldo López súmase á campaña do PP en Galiza

Leopoldo López Gil, candidato do PP á eurocámara e pai do opositor venezuelano de mesmo nome, parabenizou desde Compostela as posicións mantidas polo PP en Europa sobre Venezuela.

mariareimondez
As eleccións a ollos de... María Reimóndez

“A visión da identidade europea como algo superior é a base dos problemas internos e externos de Europa”

A escritora María Reimóndez considera que a base dos problemas que padece o continente radica “en como nos vemos e interactuamos as unhas coas outras” desde unha identitade rancia europea. Chama ademais a votar nas eleccións do 26M para que Galiza teña voz propia nesa UE de estados centralizados que tanto nos prexudica.

en marea
Débeda do porto da Coruña

En Marea reivindica políticas para protexer o futuro da pesca

Luís Villares reivindica na Coruña “o modelo de cidade aberta ao mar da Marea Atlántica” de Xulio Ferreiro e denuncia que o PSOE non teña condonado a débeda do porto exterior do mesmo xeito que si ten feito con outras cidades do Estado.  

Xosé Lois e o Carrabouxo
As eleccións a ollos de...  Xosé Lois, O Carrabouxo

"Deberiamos ter en Ourense un centro de interpretación do Grupo Nós que fose referencia cultural"

As necesidades e fortalezas do concello de Ourense son ben coñecidas por Xosé Lois González. O ourensán creador do Carrabouxo e comprometido con cen mil causas xustas na Galiza salienta cales son as prioridades da cidade das Burgas e os retos do país perante os comicios europeos.  

psoe
Mitin en Vigo

Sánchez pide de novo en Galiza o voto útil fronte a suma da dereita

Pedro Sánchez voltou a Galiza inmerso na nova campaña electoral das europeas e municipais. Pese aos malos resultados que as enquisas auguran para as dereitas españolas, Sánchez continúa apelando ao voto útil fronte a suma nos concellos de Vox, Ciudadanos e PP.

feixoo
Montserrat "será galega"

Dolors Montserrat alimenta a incógnita sobre o futuro de Feixoo sinalándoo como “o faro de moitos”

Un duplo fracaso do PP nas urnas do 26 de maio pode ser fatal para Pablo Casado após a perda histórica sufrida nas eleccións xerais. Pola contra, e pese a colleitar os peores resultados da historia do PP en Galiza, despunta outra vez o nome de Alberto Núñez Feixoo como novo relevo en Madrid.

oleo
As eleccións a ollos de... O Leo

“Hai un xenocidio indirecto de milleiros de persoas nas fronteiras da Unión Europea”

O Leo considera necesario que Galiza conte cun micrófono que a defenda en Europa, a pesar de que as institucións da UE “estean tomadas polo capitalismo”. O músico, escritor e profesor Leonardo Fernández, O Leo, valora para Sermos Galiza que é o que se xoga o país nas eleccións europeas no contexto de emerxencia social en que vivimos.

miranda
Angrois

Ana Miranda: “Cando escoitas as vítimas do Alvia muda todo”

O BNG reivindica a través dun vídeo o traballo realizado pola súa eurodeputada Ana Miranda en favor das vítimas do accidente de Angrois. No audiovisual que circula nas redes sociais a candidata á eurocámara denuncia que o Estado español “tapou” e negouse a investigar.

pachi
Confían en recuperar Ourense

Caballero e López chaman desde Ourense a votar polo PSOE e gañar á ultradereita

Gonzalo Caballero conversou esta mañá en Ourense co ex presidente do Congreso e ex lehendakari, Patxi López. Ambos chamaron a xuntar o voto no PSOE para evitar que a ultradereita teña forza no Parlamento Europeo.

cs
Reclaman conexións ferroviarias

Ciudadanos impulsará a unidade “dos partidos europeístas”

O eurodeputado Javier Nart e candidato de Ciudadanos á eurocámara viaxou a Galiza con motivo da campaña do 26M para alertar do “antieuropeísmo” e para avogar pola unidade dos partidos que avalan a UE (nos que englobou os referentes europeos do PSOE; PP e Cs).  

Lidia Senra e Ana Seijas, hoxe en Touro
POLÍTICA

Senra urxe a Unión Europea a que faga cumprir as súas normas en Touro

A eurodeputada e candidata de En Marea ao Parlamento europeo, Lidia Senra, urxiu esta segunda feira a Unión Europea a que faga cumprir as súas propias normativas medioambientais. Como escenario para as súas declaracións escolleu a aldea de Arinteiro, afectada polo proxecto de megamina de cobre de Touro-O Pino.
 

ponte 2
Lores: "O BNG non se vende"

Pontón salienta Pontevedra como paradigma do modelo municipal do BNG

Pontevedra foi a cidade elixida polo BNG para celebrar o seu primeiro mitin de campaña. O concello internacionalmente recoñecido polo seu modelo de cidade é ademais bastión electoral do BNG. As últimas enquisas sitúan a Lores con grandes probabilidades de lograr a que sería a súa primeira maioría absoluta.

juan carlos
Mar

Compromiso por Galicia organizará unha conferencia europea en prol da pesca galega

O candidato ás eleccións europeas de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, anunciou nunha visita a Expomar a celebración no noso país dunha conferencia europea “ao máximo nivel” para tratar os temas cruciais da pesca galega.

Lidia Senra, intervindo no acto sobre pensions en Barcelona
Pensións públicas

Lidia Senra comprométese a defender pensións dignas a través dos orzamentos públicos

A actual eurodeputada e candidata á eurocámara por En Marea-Compromiso por Europa, Lidia Senra, participou en Barcelona na clausura da VI Asemblea da Marea Pensionista de Catalunya. Desde alí marcou como prioridade para o vindeiro período que se abre na Unión Europea finalizar co mercado europeo de pensións privadas.

MUNICIPAIS_Mesa de trabajo 1
Inicio de campaña

Conta atrás para a dupla cita electoral do 26M

Arrincou xa a dupla campaña electoral das europeas e municipais. As formacións políticas volven á carreira pola mobilización do voto de cara a consolidar ou corrixir os resultados obtidos hai apenas uns días nas xerais. O punto de partida presenta un PSdeG á alza ante unha dereita que rivaliza por ver quen a encabeza, un BNG lanzado a polos concellos tras duplicar os votos no 28A e múltiples mareas coa prioridade de consolidar a alcaldía das tres cidades. Comeza a conta atrás.