Editorial Galaxia

Pablo Prado, autor da adaptación a novela gráfica de 'O derradeiro libro de Emma Olsen' (Xoana Quintas).
Cultura

Emma Olsen dá o salto á novela gráfica

Explorando as posibilidades do desconfinamento, Galaxia presentou onte a través de Zoom unha das súas última novidades: a novela gráfica O derradeiro libro de Emma Olsen. Pablo Prado leva á linguaxe do cómic a celebrada obra de Berta Dávila. Nós Diario conversa con ambas sobre os desafíos desta singular tradución. 
Irma Amado na libraría NUMAX (Arxina)
CULTURA

Galaxia inicia unha campaña de apoio ás librerías da Galiza

Destinará 10% da súa venda online ás librarías que decidan as propias compradoras desde o día de hoxe.
IMG_0693
Cultura

As editoras seguen coa actividade sen facturar

O mundo do libro tamén acusou o duro golpe de cancelación de eventos, así como o peche dos seus principais puntos de venda. Nestas circunstancias de excepcionalidade, as prioridades pasan por manter a actividade e tratar de voltar á normalidade o antes posíbel, apostando durante o impasse polo reforzo das estratexias de redes ou contidos dixitais, que, con todo, non xeran unha remuneración capaz de paliar as perdas previstas.
Xose Ricardo Losada, gañador do premio en 2019
CULTURA

Convocado o premio Viadutos de Novela

O prazo de recepción de orixinais remata o 31 de marzo de 2020.
libros
CULTURA

A Lanterna de Aristóteles alumea o firmamento literario

A editorial Galaxia inaugura unha colección de divulgación científica dirixida a todos os públicos, con contidos que trasladarán os avances e novidades do eido de maneira lúdica.
gonzalo hermo
CULTURA

Gonzalo Hermo estrearase en narrativa con 'Diario dun enterro', premio Repsol

“Sinxeleza estrutural” e “estilo deputado” son dúas da características que o xurado do Premio Narrativa Breve de Repsol salientou esta cuarta feira de Diario dun enterro. O seu autor é Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987), quen até agora só publicara aclamados libros de poemas.
escritoras galaxia
CULTURA

María do Cebreiro, Bernardino Graña ou Berta Dávila, entre as novidades de Galaxia para o outono

Veteranas e consagradas protagonizan a reentrada literaria da histórica editorial Galaxia para este outono. Antoloxías poéticas de María do Cebreiro e Fiz Vergara Vilariño, as novas obras narrativas de Xabier López ou Berta Dávila, e unha surtida nómina de libros dirixidos ao lectorado novo, entre eles un de Bernardino Graña, fan parte da oferta.
CastañodePumbariños
CULTURA

Unha “peza teatral aberta” de Ana Abad gaña o II Premio Vidal Bolaño

A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntase como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras”. Eis, sinteticamente, os argumentos do xurado do Premio Vidal Bolaño, que decidiu distinguir o traballo de Ana Abad de Larriva.

Abel Tomé. (foto: Editorial Galaxia)
Nun acto que tivo lugar na sede da Fundación Barrié de Vigo

Abel Tomé gaña o premio Illa Nova coa novela "A noite do lobo"

O xurado desta terceira edición destacou a prosa dinámica do autor, "na que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes". 

pgfeminismos
CULTURA

A editorial Galaxia abre unha colección sobre feminismo con tres títulos

Chis Oliveira e Amada Traba, Inma López Silva e Carme Adán son as autoras responsábeis dos tres primeiros títulos da colección Feminismos que a editorial Galaxia vén de colocar nas librarías.
 

P9052167
Francisco Castro, escritor e editor

“A literatura é unha actividade política”

Iridium é a nova novela de Francisco Castro (Vigo, 1966). En apenas dez díaz esgotou a súa primeira edición. O escritor fai un alto no camiño de presentacións que o leva por toda Galiza para falarmos do proceso creativo, do seu labor á fronte de Galaxia e das fortalezas e necesidades do panorama literario galego. Eis un extracto da entrevista publicada no número 315 de Sermos Galiza.

XOSE LOIS
Xosé Lois Seixo, vocalista de Pirilampo

"Vendo a demanda que hai, as administracións deberían implicarse en divulgar a música infantil"

Xosé Lois Seixo é a alma mater de Pirilampo e o seu vocalista. Conversamos con el cando o grupo, que editou o seu sexto disco, Serpe de Cristal (Galaxia), vén de recibir o Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña.

ILLANOVA_2018-24
Convocado por Galaxia

Antía Yáñez recolle o premio Illa Nova de Narrativa coa obra "Senlleiras"

Antía Yánez (Burela, 1991) recolleu o sábado, 14 de abril, en Vigo o Premio Illa Nova de Narrativa 2018, que convoca a editorial Galaxia e que suma dúas edicións, coa obra Senlleiras, unha novela que aborda a violencia machista.

O NOVO CURSO LITERARIO

Letras para un outono

Os certames literarios seguen a ser unha das locomotoras do mundo editorial galego. O reinicio de curso así o certifica. Entre as novidades que acompañarán o outono atópanse non poucas obras derivadas da concesión de premios: o Torrente Ballester e o García Barros de narrativa, o Gonzalo López Abente de poesía, ou o Álvaro Cunqueiro e o Manuel María de teatro. Pero non só.

Salvador García Bodaño
Entrevista

Salvador García-Bodaño: "O Consello da Mocedade naceu para suplir a falta de acción que os de América censuraban a Galaxia"

Salvador García-Bodaño (Teis, 1935) foi membro do Consello da Mocedade (1963) do que tomou parte na súa fundación ao igual que na do Partido Socialista Galego (PSG). Falamos con el arredor da súa memoria daquel tempo.

monteagudo
HENRIQUE MONTEAGUDO, BIÓGRAFO DE CARLOS CASARES

"Casares foi guevarista e defensor de posicións moi próximas á teoloxía da liberación"

Falamos con Henrique Monteagudo, profesor da USC, secretario da RAG e biógrafo do autor homenaxeado nestas letras, a quen coñeceu durante vinte anos e sobre quen publicou a máis completa biografía até o momento, 'Carlos Casares. Un contador de historias'. 

vanesa
CULTURA

Vanesa Santiago gaña a primeira edición do Illa Nova de Narrativa de Galaxia

Vanesa Santiago Vázquez (Fontán, 1983) faise co premio grazas a unha obra que é unha reinterpretación das novelas de viaxes. A novela será publicada por Galaxia, organizadora deste premio.

148189013807301_emma_pedreira_por_marcos_barral_2016
Emma Pedreira, escritora

“A estética pola estética non me interesa”

A filóloga Emma Pedreira (A Coruña, 1978) vén de engrosar a extensa nómina de recoñecementos no seu haber co premio internacional Jovellanos ao mellor poema do mundo por Lista da compra da viúva e publicou recentemente Bibliópatas e fobólogos (Galaxia). Nesta conversa, considérase unha poeta social e cuestiona a estética pola estética, “se a poesía non ten compromiso, non vale para nada”. Entrevistámola no Sermos Galiza 242. Aquí un extracto.

ANAPONTON VISITA GALAXIA2
CULTURA

Pontón pide á Xunta "un compromiso real" co sector do libro

A edición de libros en galego caeu nos últimos anos -en plena crise- 40 por cento. A tradución de volumes para o galego describiu unha traxectoria semellante, 50 por cento menos. Cumpre unha actuación decidida da Administración galega para reverter estes retrocesos. Así o defendeu Ana Pontón esta quinta feira en Vigo, nunha visita institucional á editorial Galaxia. O BNG pede o cumprimento efectivo da Lei Galega do Libro e da Leitura.

castro-freixanes
CULTURA

Galaxia celebra os 60 anos de Illa Nova cun premio para menores de 35

O 12 de xaneiro de 1957 Galaxia poñía a andar a colección Illa Nova que publicou os novos valores do momentos. E hoxe anuncian un premio para autores e autoras menores de 35 anos.