Anna R. Figueirido faise coa primeira edición do premio

Unha novela sobre migracións contemporáneas gaña o Viadutos de Redondela

Os bicos feridos, de Anna R. Figueirido, é a novela distinguida na primeira edición do Premio Viadutos de Novela do Concello de Redondela. Migracións contemporáneas e redes sociais, a soidade na gran cidade e o medo a morte, conforman a materia do libro, que publicará a Editorial Galaxia.
 

Anna R Figueiredo
photo_camera A escritora Anna R. Figueiredo, gañadora do Premio Viadutos de novela. Foto: Editorial Galaxia.

O xurado do galardón, do que fixeron parte as escritoras Tamara Andrés e Inma López Silva, as libreiras Mercedes Corbillón e Esther Gómez, e a editora Malores Villanueva, salientou “a orixinalidade dos temas tratados e a depuración do estilo poderoso e por veces lírico” de Figueirido.

Unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte”.

O Concello de Redondela, en colaboración con Galaxia, convoca o Premio Viadutos de Novela. Ademais da publicación, o certame está dotado con 3.000 euros.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios