Día da Clase Obreira Galega

Monumento ao 10 de Marzo, en Ferrol, en memoria das loitas sindicais que custaron a vida a dous traballadores da antiga Bazán (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Os sindicatos piden saír á rúa e recuperar o espírito das loitas obreiras de 1972

Diversos actos conmemoran no país o 50 aniversario da efeméride.
[Imaxe: Wikipedia] Monumento ao 10 de Marzo
MEMORIA E HISTORIA

Comisión 50 aniversario do 10 de marzo: “Pretendemos ir máis aló do mero exercicio de nostalxia”

Entidades e colectivos, con Fuco Buzán e Memoria Histórica Democrática á fronte, presentaron o manifesto con motivo de se facer, en 2022, medio século do 10 de marzo de 1972, unha data clave na historia da Galiza. Entre as propostas, levar para a Porta Nova de Ferrol o monumento do 10M que está en Recimil.

Outro 10 de marzo en Ferrol

Una imaxe da manifestación decorrida en Vigo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Manifestacións polo 10 de marzo en varias cidades

A cidade de Vigo protagonizou dúas manifestacións, unha da CIG que tamén se manifestou en Compostela e Ourense, e outra da CUT. 
A manifestación en Ferrol foi o acto central da folga xeral en Ferrolterra (Nós Diario)
star
TRABALLO

10 de marzo: Ferrolterra sae á rúa polo seu futuro

Este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, estivo marcado pola folga xeral convocada pola CIG, CCOO e UXT nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Á situación en Navantia, coa falta de carga de traballo, uniuse a desfeita de feches e expedientes de regulación de emprego (ERE) en grandes empresas como Poligal, Galicia Téxtil, Gamesa ou o incerto futuro da térmica das Pontes. Por primeira vez todos os sectores da sociedade civil coincidiron en reclamar accións urxentes aos Gobernos español e galego. O futuro destas comarcas está en xogo.
10 marzo dia clase obreira galega
10-M

As centrais sindicais chaman á mobilización no Día da Clase Obreira Galega

CIG convoca mobilizacións en oito comarcas polo 10-M, CCOO fai a tradicional ofrenda floral e mobilización en Ferrol e CUT maniféstase en Vigo.

 

Sin título
Mobilizacións

A recuperación de dereitos, principal reivindicación no Día da Clase Obreira Galega

Ferrol foi epicentro dos actos que decorreron con motivo do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, data cun marcado carácter de loita que lembra os traballadores Daniel Niebla e Amador Rei, asasinados pola policía franquista.

10 marzo dia clase obreira galega
TRABALLO

Guía para non perder o Día da Clase Obreira Galega

Este domingo varias mobilizacións percorrerán Galiza da man dos sindicatos para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega. Unha data de marcado carácter de loita que lembra os asasinatos de Amador Rei e Daniel Niebla o 10 de marzo de 1972 en Ferrol por parte da policía franquista.

amador e daniel
DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Un 10 de marzo para avanzar

Como un cordón umbilical, o 10 de marzo deste 2019 conecta con aquel 10 de marzo de 1972 que forxou o Día da Clase Obreira Galega. Case medio século no que a clase traballadora se reclama como un suxeito protagonista na historia deste país.

paulo carril
Este 15M

A CIG anuncia unha nova xornada de mobilizacións en defensa dunhas pensións dignas

O anuncio fíxoo Paulo Carril durante a súa intervención no fechamento da marcha da CIG en Ferrol este 10M, dentro dos actos de comemoración do Día da Clase Obreira Galega.

Ferrol1
Día da Clase Obreira Galega

Miles de persoas mobilízanse alentadas polo espírito do 8M e a memoria de Amador e Daniel 

Ferrol e Vigo foron os cenarios das mobilizacións do Día da Clase Obreira Galega, moi marcadas no anímico -cunha atmosfera social de renovado optimismo- polo histórico suceso da greve das mulleres do 8M. 

[Imaxe: Wikipedia] Monumento ao 10 de Marzo
TRABALLO

Da folga do 8M ao Día da Clase Obreira Galega

Dous días após a greve convocada con motivo do Día Internacional da Muller, as traballadoras e traballadores sairán á rúa para conmemoraren o Día da Clase Obreira Galega. Do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla, operarios de Bazán, o 10 de marzo de 1972 nun ataque da policía franquista en que resultaran feridos medio cento de persoas, abrollou a batalla pola defensa dos dereitos da clase traballadora galega. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 287.

amador e daniel
Día da clase obreira galega

Un 10 de marzo pola recuperación de dereitos e contra a precariedade

Como un cordón umbilical, o 10 de marzo deste 2018 conecta con aquel 10 de marzo de 1972 que forxou o Día da Clase Obreira Galega. Este ano,  a recuperación de dereitos e a loita contra a precariedade e a pobreza centran as mobilizacións.

Premios 8 e 10 de marzo CIG
TRABALLO

Recoñecemento á loita das delegadas de Povisa e do persoal contratas de Movistar

A CIG fixo entrega dos premios 8 de marzo e 10 de marzo, Día da clase obreira galega, que foron para as delegadas de Povisa (e mención especial para as traballadoras de Regaki) e para Montelnor e Liteyca, contratas de Movistar

folga xeral Compostela CIG manifestación
ECONOMÍA

Un 10 de marzo pola derrogación das reformas laborais e a lei mordaza

A CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas con motivo do Día da clase obreira galega .