venres 03/12/21

Manifestacións polo 10 de marzo en varias cidades

A cidade de Vigo protagonizou dúas manifestacións, unha da CIG que tamén se manifestou en Compostela e Ourense, e outra da CUT. 
Una imaxe da manifestación decorrida en Vigo. (Foto: Nós Diario)
Una imaxe da manifestación decorrida en Vigo. (Foto: Nós Diario)

Ferrol centrou as reivindicacións este ano no Día da Clase Obreira Galega mais tamén houbo manifestacións noutras cidades do país. En Vigo  tiveron lugar as convocadas pola CIG, que tamén saíu á rúa en Ourense e Compostela, e pola CUT.

Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG de Vigo, explica que este 10 de marzo é "unha xornada de loita e reivindicación neste contexto de pandemia" no que demandan "un xiro radical nas políticas económicas, sociais e laborais dos Gobernos español  e galego".

Por este motivo advirten que "desde as rúas non imos permitir que convertan a crise nun saqueo contra o noso pobo". Denuncia que a comarca está nunha "situación límite, con 24.000 persoas no desemprego sen contar cos milleiros que están cun expediente de regulación de emprego". 

A CUT contra confinar a conciencia de clase

En Vigo a Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores (CUT) realizou a súa convocatoria ás 19:30 horas desde o cruce da Vía Norte.

Para este ano o lema escollido por esta central sindical era 'Que non confinen a nosa conciencia de clase', en relación á actual situación sanitaria.

O seu secretario xeral, Ricardo Castro, explicaba a Nós Diario que o lema escollido este ano "resume moi ben a situación na que nos atopamos agora". Cre que coa chegada da pandemia "máis alá do tema sanitario pensamos que se está utilizando para outras cousas" como sería "reformular por enésima vez o capitalismo sempre na nosa contra".

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Para este sindicalista "antes o que parecía inamovíbel era a ditadura e agora é a pandemia e a xestión da crise económica que trae" polo que urxe "a derrogación das reformas laborais, algo lóxico nun Goberno que se di de progreso".

Manifestacións polo 10 de marzo en varias cidades
comentarios