SOCIAL
A Galiza caerá a 2,65 millóns de habitantes nos próximos 15 anos
13/out./22
Aliás, unha de cada tres persoas vivirá soa na Galiza en 2037, segundo as proxeccións que publicou o INE esta quinta feira.
A sangría demográfica non dá tregua á Galiza. As proxeccións de poboación fornecidas polos organismos públicos adiantan unha importante caída de residentes na próxima década. Neste sentido, o Goberno Galego dá por feito que o país perderá arredor de 300.000 habitantes durante os próximos trece anos.
A idade media da poboación galega continúa á alza ano tras ano e na actualidade sitúase en 47,48 anos, segundo os datos que publica esta sexta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Un informe do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica demanda a acción pública para garantir a participación "activa" da administración local neste eido.