Un de cada 15 lugares está deshabitado

O rural galego négase a sucumbir á "invasión eólica"

En Candelago (Ponteceso) só queda un habitante, mais ao non estar censado na aldea esta figura como un dos 2.088 lugares despoboados do país. A instalación de 61 aeroxeradores ao carón das casas acabou por completar un proceso de éxodo que se viña producindo nas décadas anteriores. Hoxe a metade de Candelago está en venda por 200.000 euros, e na Galiza centos de aldeas loitan por defender o seu modo de vida fronte a unha "invasión eólica" que, sumada á falta de servizos no rural, podería obrigalas a colgar o cartel de "véndese".
O repotenciamento do parque eólico de Corme botou as últimas habitantes de Candelago (Foto: Nós Diario).
photo_camera O repotenciamento do parque eólico de Corme botou as últimas habitantes de Candelago (Foto: Nós Diario).
Comentarios