Fisterra costa exterior. Desde a praia do Rostro ao cabo Fisterra
Un percorrido de enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico polo litoral de Fisterra que mira ao océano e forma parte da Costa da Morte, protexida como LIC e ZEPA.
Un percorrido de enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico polo litoral de Fisterra que mira ao océano e forma parte da Costa da Morte, protexida como LIC e ZEPA.
Once entidades diríxense á Consellaría de Industria para a emprazar a suspender “de forma cautelar” a tramitación do complexo eólico da Costa da Morte, “en tanto non someta o Plan eólico industrial á preceptiva avaliación estratéxica ambiental”.
As cruces do Roncudo son elocuentes, un recordatorio eficaz do que pode acontecer ao internarse no mar. Alí traballan os percebeiros e percebeiras da confraría de Corme, cuxa contorna agocha percebes de fama mundial. Á súa calidade súmanse a estacionalidade e o perigo asumido para obtelos, que conforman un contundente valor engadido. Porén, cada vez son menos as persoas que conseguen gañar a vida con este oficio que unicamente pode desenvolverse cando quere o mar. É a gran contradición que marca as xentes do percebe: arriscar a vida para poder gañala.