Costa da Morte

387 Andar e Ver
star
Andar e Ver

De Santa Mariña a Camelle

Unha camiñada pola cerna da Costa da Morte. Día claro, mar de fondo, grandes ondas que escachan desde lonxe, vento lixeiro en contra que ergue e despeitea as cristas... E camiño por diante para horas
383 Andar e ver
star
Andar e Ver

Da praia de Valarés a Corme

Os camiños pola costa de Ponteceso son escasos, o relevo abrupto, con caídas verticais de ata máis de 100 metros, e sen abrigos, o que non fai nada doada a subsistencia nin favorece o asentamento de poboacións, e se non hai xente non hai camiños, tanto é así que nos máis de 40 quilómetros de costa do concello só se atopa unha poboación litoral, a vila de Corme, asentada no abrigo da súa enseada e xa dentro da ría. 
380 Andar e ver
star
Andar e Ver

De Corme ao faro do Roncudo

Unha camiñada para coñecer polo miúdo un tramo que xa tiñamos feito en coche varias veces, é un dos puntos da Costa da Morte máis visitados, e facendo nel as paradas nos sitios habituais, pero para velo de vagar, facendo que os escasos 3 quilómetros vaian a máis de 4 e o tempo se alongue mentres se goza dos detalles e dun día de bo tempo, é outra cousa. 
O presidente de Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros, participando nunha limpeza de praia (Mar de Fábula)
SOCIAL

Xosé Manuel Barros, Mar de Fábula: "O lixo que hai no mar vén da produción das grandes multinacionais e as súas campañas"

Parador de Muxía, na Costa da Morte( Imaxe:Paradores).
SOCIAL

Abre o Parador de Muxía na costa onde o turismo foi a solución ás ondas de fuel

Vinte anos tras o Prestige, estréase o 25 de xuño sen apenas prazas libres para os meses de xullo e agosto. Guadalupe Jiménez, antropóloga cordobesa, analizou como afectou o desastre á Costa da Morte nun capítulo da súa tese. "Outro Máis" foi a expresión que lle chamou a atención tras horas de entrevistas.
Imaxe da lagoa de Baldaio tras os temporais deste mes (Imaxe: CRTVG).
SOCIAL

O patrimonio natural da lagoa de Baldaio, en risco

Os últimos temporais puxeron en perigo o ecosistema e Xunta da Galiza e Concello de Carballo procuran solucións.
Varias familias manifestáronse en Fisterra reclamando a cobertura da baixa do único pediatra (Imaxe: Fran Hermida).
SOCIAL

A marcha da pediatra de Cee a Verín desata as protestas na Costa da Morte

Desde as veciñas da Costa da Morte denuncian a súa deficiente cobertura pediátrica. A marcha a Verín da profesional que atendía ás crianzas de Cee e Corcubión desatou de novo as protestas. En Fisterra, familias concentráronse na praza do Concello para denunciar a falta de pediatra desde o 19 de xaneiro.
Parador de Muxía. (Paradores)
ECONOMÍA

Paradores recibe o establecemento de Muxía após rematar as obras

O novo Parador de Muxía-Costa da Morte abrirá as súas portas antes da Semana Santa.
O último solpor do continente
A Costa da Morte

O último solpor de Europa prodúcese estes días na Galiza

Até 19 de setembro a Costa da Morte agocha o último solpor da Europa continental. Unha fermosa visión cun potencial turístico que incluso pode entrañar unha posíbel orixe pagá do actual Camiño de Santiago. O Pindo, pola súa altura, é un espazo desde onde ollar con toda plenitude o último solpor. Sobre este fenómeno Sermos Galiza conversa co profesor e investigador Jorge Mira.

Mobilización do persoal de Ferroatlántica
Valoran mobilizacións

Persoal de Ferroatlántica denuncia que a venda das hidroeléctricas non garante o futuro laboral

Traballadoras e traballadores de Ferroatlántica reiteraron que a venda de hidroeléctricas das centrais de Cee e Dumbría non garante o futuro da Costa da Morte e solicitaron á Xunta que "asuma o seu compromiso" e que se poña do lado do persoal. O comité de empresa, conformado maioritariamente por CIG e Independentes, adiantou que valoran a convocatoria de mobilizacións nos vindeiros días en defensa do emprego así como emprender accións legais.
surf costa da morte
DEPORTES

A Costa da Morte aspira a ser a primeira Reserva Mundial de Surf no Estado español

A candidatura presentada a ‘Save te Waves Coallition’ superou a primeira fase do proceso de selección.

Antón Sánchez e Francisco Casal, esta mañá en Cabana
SOCIAL

En Marea denuncia que a Xunta prima os intereses das eléctricas nos proxectos eólicos en Cabana

O viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal realizaron unha visita xunto con representantes de Salvemos Cabana esta mañá aos terreos onde esta prevista a instalación do parque eólico de Mouriños en Cabana de Bergantiños.

eol-Mourinhos
Denuncia de ADEGA

Novos parques eólicos nas últimas serras virxes da Costa da Morte

Pena Forcada, en Laxe, e Mouriños, en Cabana e Zas, son as últimas serras virxes da Costa da Morte, mais por pouco tempo. E é que a Xunta autorizou a instalación de novos parques eólicos, “de alto impacto e canon reducido” nestas paraxes. Así o denuncia a asociación ecoloxista ADEGA.

1437982224089PacoSouto-por-DistritoXermar-2015-03
CULTURA

Paco Souto, o poeta e activista

Alén de percebeiro e concelleiro do BNG, Paco Souto era un coñecido poeta e activista cultural. Ademais de moi querido, á vista da grande cantidade de condolencias que están a abanear as redes sociais. 

bienalvenecia
CULTURA

Arquitectura galega na Bienal de Venecia

As maquetas dos estudos de Creus e Carrasco e Elsa Urquijo móstranse en dous “palazzos” na Bienal de Venecia.

Premio-Rosalía-en-defensa-do-Ensino-Público
CASTIGAN A XUNTA CO PREMIO “WERTO”

As ANPA premian a loita da nai de Hadrián pola loita a favor da atención educativa hospitalaria

As ANPA da Costa da Morte decidiron premiar Nieves Vilar, a nai de Hadrián, o rapaz enfermo de leucemia ao que a Xunta privou de estudar na súa casa, co galardón en defensa do ensino público “Rosalía”. Ademais, castigaron Román Rodríguez co premio “Werto” contra o ensino público.