Castelao

Ana Pontón homenaxea Castelao (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón denuncia a suba da luz e reclama unha tarifa eléctrica galega

“Defender Galiza” é a esencia do BNG, afirmou Ana Pontón na homenaxe da súa formación a Castelao. A nacionalista cualificou de “vergoña” a suba histórica da luz en plena onda de frío. “Vergoña para as eléctricas que volven comportarse con usura pero tamén para os Gobernos que llo permiten e, como temos as mans libres, seguimos reclamando unha tarifa eléctrica galega”. Ademais, reclama 12.600 millóns de euros para a recuperación e a xestión desde a Galiza dos fondos europeos.

miguel anxo seixas 9.2019 ©xurxolobato   6
star
Historiador e biógrafo de Castelao

Miguel Anxo Seixas: "Rosalía e Castelao son as figuras máis valentes que tivo a Galiza"

O 7 de xaneiro de 1950 falecía, exiliado na Arxentina, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, principal expoñente da vida cultural e política da Galiza do século XX. A situación que o exiliara obrigou a que 'Sempre en Galiza' chegase ao país clandestinamente. No día do aniversario da súa morte, publicamos unha entrevista co seu biógrafo, o historiador Miguel Anxo Seixas.

No día do pasamento de Castelao

Devolución

Daniel de Rianxo e Isaac de Compostela

Aínda nacer

EuropaPress_3484415_np_compra_album_nos_castelao_museo_pontevedra
A compra dos orixinais apróbase na sexta feira

O Museo de Pontevedra adquire o 'Álbum Nós'

O Museo de Pontevedra fixo hoxe o anuncio de que vai formalizar nos próximos días a compra dos orixinais do Álbum Nós, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O comunicado realizárono a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey.

Castelao e os padres

Elección de Otero Pedraio como presidente do Seminario de Estudos Galegos (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

‘Nós’, a revista que trouxo ares novos á Galiza

Neste 30 de outubro de 2020 Nós Diario irá acompañado dunha reprodución facsimilar do número 1 de Nós, Boletín mensual da cultura galega, a revista que viu a luz en Ourense o 30 de outubro de 1920. No mesmo día, dez anos antes, nace en Ferrol Ricardo Carvalho Calero. Neste artigo damos algunhas chaves sobre a publicación que celebra o centenario e afondamos na participación de Carvalho Calero nela.
Castelao foi un gran estudos das cruces (Foto: Xoán Carlos Garrido).
star
Reportaxes

A Bretaña que somos: Castelao, o home das cruces

Veñen de facerse en 2019 os 90 anos da viaxe de estudos de Castelao á Bretaña. E coincidiu esta conmemoración coa casual declaración de que "la Galice sera la nation à l’honneur pour la 49 eme édition du Festival Interceltique de Lorient". Na Consellaría de Cultura apresuráronse a traducir tan alta honra en que a "Galiza será o territorio convidado de honor na edición de 2019". De ser suxeito pasamos a ser obxecto. De ser alguén pasamos a ser algo. Nacións irmás na cousificación, en cambio, cobran vida, mesmo as pedras, para quen soubo escrutalas.
B. A xeración Nós. IV Asemblea Irmandades Fala
star
Reportaxes

A xeración Nós: a máis senlleira das xeracións galegas

A xeración Nós –ou mellor, a época Nós, pois supera os límites dunha xeración– foi a máis senlleira que deu Galiza, o grupo de xente máis cumprida que traballou por esta terra, este pobo e esta cultura. Se Rosalía, Curros e Pondal forman a trindade dos grandes poetas galegos, Castelao é o símbolo máis puro de Galiza, Vicente Risco, o primeiro teórico do nacionalismo galego e Otero Pedrayo, a meirande figura intelectual.
388 Arte
star
Arte

Cándido Fernández Mazas ilustrador

O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao, celebrouse o Día da Ilustración, dedicado este ano a lembrar a traxectoria do pintor, ilustrador e escritor Cándido Fernández Mazas (1902-1942). 
394 Deseño
star
Deseño

O deseño que hai en ‘Nós’

Cen anos de Nós a Nós neste 2020. Sen dúbida, o nome tiña potencia e aínda a ten. 
386 Deseño
star
Deseño

Díaz de gloria

Hei de ir a Meixide, hei de ir a Saa, hei de ir á gabia aquela da estrada de Palas a Melide, hei de levar unha estrela e celebrar a gloria de Camilo Díaz Baliño no lugar onde foi inmolado en 1936: os deseñadores galegos debémoslle honra e memoria por traernos até aquí, polo legado dunha profesión na que foi precursor e pioneiro.
 

A cultura marítima en ‘Nós’

Castelao Lugo
SOCIAL

Castelao xa está en Lugo

Instálase a estatua do rianxeiro pola conmemoración dos 100 anos da revista Nós

A Deputación falou do legado de Castelao nun congreso. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

O Museo de Pontevedra revela nun congreso a “complexa recuperación” do legado de Castelao

A conservadora Ángeles Tilve falou no marco da cita “Encontros museísticos. As coleccións do exilio”. Por vía telemática explicou que Castelao é quizais a figura máis simbólica e representativa do século XX na Galiza”.
9M3A1786-1c baixa
O 30 de outubro, coincidindo co centenario

'Nós Diario' agasalla un facsímile do primeiro número da revista 'Nós'

O próximo 30 de outubro, cando se fan os cen anos da publicación de Nós. Boletín mensual da cultura, acompañará Nós Diario unha edición facsímile do primeiro número completo, coas súas 30 páxinas, e mais cun debuxo a cor de Castelao. Trátase dun agasallo que recupera un dos principais símbolos do labor da xeración das Irmandades da Fala.

O Che, moito máis ca un póster

Prestixiar