Bretaña

Diwan escolas bretón bretaña breizh (Diwan)
LINGUA

O Goberno bretón aproba unha axuda extra de 200.000 euros para as escolas de inmersión en lingua bretoa

A rede 'diwan' está composta por medio cento de centros. 
Aliñamentos en Carnac, no sur da Bretaña.
Diálogos

Unha ollada comparada entre a Galiza e a Bretaña

O Consello da Cultura Galega (CCG) revisa a relación entre a Galiza e Bretaña cun especial web que inclúe a edición das actas dun congreso realizado en 2017 que xuntou a investigadoras de ambos os dous territorios. Para acompañar esta publicación, recóllese o coloquio "Galicia-Bretaña: dúas nación culturais en conversa", un diálogo entre Ramón Villares e Christine Rivalan Guégo.
bretagnereunie.bzh
INTERNACIONAL

Novo pulo á reunificación da Bretaña

A recuperación das fronteiras históricas da Bretaña está máis perto. O Consello Rexional da Bretaña, que reservou 100.000 euros do orzamento para un referendo, acaba de recibir un informe coas liñas a seguir co fin de fortalecer os lazos de unión co departamento de Loire-Atlantique, onde tamén está a medrar o apoio á reunificación.
2020052015085919979
INTERNACIONAL

A Bretaña ameaza con fechar as praias logo de París decidir finalmente abrilas

Na pasada fin de semana as praias da Bretaña reabríronse á cidadanía despois dunha longa pugna co Goberno do Estado. Unha decisión que, porén, podería ser revertida, segundo ameazaron os alcaldes dos municipios costeiros, ante a avalancha de visitantes e o incumprimento das normas impostas ante a pandemia.
sgbretaña
CULTURA

A Bretaña que somos: Castelao, o home das cruces

O novo número de Sermos Galiza, semanario que se publica os sábados canda Nós Diario, inclúe unha reportaxe sobre a viaxe de Castelao a Bretaña. “ Nacións irmás na cousificación, en cambio, cobran vida, mesmo as pedras, para quen soubo escrutalas”.

María Lopo e Claudio Rodríguez Fer asinando libros no Festival de Lorient
CULTURA

Poesías da Galiza e da Bretaña irmandadas en dúas antoloxías

María Lopo presenta no Centro Ramón Piñeiro dúas antoloxías, unha de poesía galega en bretón e outra da bretoa en galego. Será na na cuarta feira 20 de novembro ás 20 horas.

anjela duval
Antoloxía de autoras do século XX

Poemas na carne viva da Bretaña

Ivonet Omnes foi un clérigo bretón que viviu no século XIV. Copista de profesión, a el atribúeselle o primeiro verso en lingua bretoa: “me am ous vn amoric ioliuic indan an del mé”. “Teño un amoriño ben feitiño baixo as follas e eu...”, di, na versión da profesora María Lopo que abre Canto e contracanto. Antoloxía de poetas de Bretaña (Xunta, 2019).
bretón breizh
INTERNACIONAL

O movemento cultural bretón móvese contra a ‘francesización’ da toponimia

Máis de 70 escritores, músicos, artistas e académicos asinan unha carta aberta na que piden que se respecte a toponimia bretoa.

IMG-20190811-WA0001
INTERNACIONAL

Bretaña e Galiza pola autodeterminación: manifestación en Lorient

lorient
Protesta en Lorient en defensa da nación galega

Bretaña e Galiza pola autodeterminación

Galiza é este ano nación convidada ao célebre Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña. Unha nutrida delegación de artistas desprazouse á cidade bretoa a tal efecto. A organización do certame, que atinxe a súa edición 49, salientou o carácter nacional do país. Mais a Xunta do PP manipulou os textos e onde puña “nación galega” puxo “territorio galego”. Ducias de persoas manifestáronse este sábado en Lorient en defensa da nación galega.
Morbihan (56): Le port de Lorient
NA BRETAÑA

Convocan unha concentración en Orient na defensa do carácter nacional da Galiza

Este sábado, ás 15:30, diante da Casa do Concello desta cidade bretoa. O independentismo bretón critica a rebaixa a “territorio” que a Xunta fai da cualificación de “nación” que o Festival Intercéltico de An Orient dá ao noso país. Defende que Galiza e Bretaña non son “territorios” nin “rexións” senón “nacións sen estado”.

ESTUDANTES DIWAN bretón
INTERNACIONAL

Estudantes desobedecen o sistema de ensino francés e fan o exame de matemáticas en bretón

Arríscanse a suspender a proba por responder na súa lingua, e lingua propia de Bretaña, e non en francés, como é obrigatorio. Son estudantes da vila de Karaez, no departamento de Fisterra.

carreira bretón breizh bretaña redadeg_2014-57-b0cc0
Enquisa sociolingüística

O bretón logra, con luces e sombras, estabilizar os seus falantes por riba dos 200.000

O número de persoas que falan esta lingua mantense case igual que en 2007, data do último estudo. Na actualidade 5,5% dos habitantes do territorio son bretón-falantes.Porén, cada vez son máis maiores e unha parte significativa da poboación é refractaria a que as crianzas aprendan o idioma.

 

Breizh bretaña
INTERNACIONAL

O Consello rexional do Loira aproba pedir un referendo sobre a reunificación de Bretaña

O organismo solicitará a París que realice a consulta, en demanda da cal se reuniron máis de 100.000 sinaturas.

 

INTERNACIONAL

Cen mil sinaturas para que se convoque unha consulta sobre a reunificación de Bretaña

Activistas bretóns recolleron xa 95.000 firmas, a 5.000 do limiar a partir do cal poden pedir que se faga unha consulta. Queren que a cidadanía opine sobre a reunificación do país bretón, divido actualmente.

bretón breizh carhaix
INTERNACIONAL

A lección dos '15 de Karaez'

Arríscanse a suspender a proba por responder na súa lingua, e lingua propia de Bretaña, e non en francés. Os estudantes reciben numerosos apoios desde diferentes campos da sociedade bretoa, do cultural ao político.

carreira bretón breizh bretaña redadeg_2014-57-b0cc0
INTERNACIONAL

Correr (e pagar con gusto) 1.800 kilómetros para defender o bretón

A carreira Ar Redadeg quer recadar un mínimo de 100.000 euros para investir en diferentes proxectos a prol do idioma de Breizh, desde as escolas Diwan até iniciativas culturais, empresariais ou de lecer.

Morbidahn breizh bretaña
INTERNACIONAL

Unha parella citada a declarar na Bretaña por poñer un nome bretón á súa filla

A fiscalía francesa considera que o nome Liam, co que os proxenitores rexistraron a crianza, vai contra os propios dereitos e intereses da crianza.

Breizh bretaña
INTERNACIONAL

O presidente bretón apela ao “dereito de diferenciación” de Bretaña

diada
INTERNACIONAL

Centos saen á rúa en Bretaña contra os recortes ás escolas de inmersión en bretón

Manifestacións en varias cidades e vilas contra as retalladas na contratación de persoal para a rede de ‘diwan’.