A Bretaña que somos: Castelao, o home das cruces

O novo número de Sermos Galiza, semanario que se publica os sábados canda Nós Diario, inclúe unha reportaxe sobre a viaxe de Castelao a Bretaña. “ Nacións irmás na cousificación, en cambio, cobran vida, mesmo as pedras, para quen soubo escrutalas”.

sgbretaña
photo_camera sgbretaña

En 1929 Castelao viaxa a Bretaña e durante catro meses percorre a vella Armórica. Ali, establece contacto con intelectuais bretóns de diversas áreas e variado signo político, interesándose por todos os aspectos da cultura e das xentes do país celta, que sinte como irmán. Como explica Olga Novo en 'Castelao no bosque dos cruceiros. A viaxe a Bretaña de 1929', aquela foi unha estancia fundamental non só rianxeiro, “senón tamén para a común aventura atlantista do grupo Nós”

O historiador e profesor de Filosofía Xoán Carlos Garrido volve en 'A Bretaña que somos: Castelao, o home das cruces' sobre aquela viaxe, que callou posteriormente en As cruces de pedra na Bretaña.

“Neste estudo atopamos precisamente a demostración de como para ser universais había que ser galegos e de que é posíbel atopar as inquedanzas partilladas de toda a humanidade na súa diversidade creativa se somos quen de escoitar o que cada pobo nos ten que dicir na súa propia cultura”, sinala Garrido.

“Castelao quixo volver á Bretaña rematar o seu labor e requiría máis tempo. Era consciente de que o que alí atopaba ía ser útil á comprensión do propio. Pobos dominados e que foran reificados polos vencedores, que eran tratados como cousas sen vida interior, precisaban ser estudados por quen escoitaba nas súas rochas labradas o eco das palabras angustiosas de quen a elas se dirixía na demanda dunha xustiza que non atopaba en ningún outro lado”.

A reportaxe completa podes lela no Sermos Galiza que este sábado se publica no Nós Diario.

capa SGboa

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios