bateeiros

Mexilloeiros protestando onte en San Caetano contra os límites á recollida de mexilla. (Foto: Arxina)
TRABALLO

O sector bateeiro exixe a devolución das zonas vetadas

Máis dun cento de bateeiros rodearon esta quinta feira as oficinas da Xunta da Galiza en San Caetano para protestar pola delimitación das zonas habilitadas para recoller cría de mexillón imposta pola Consellaría do Mar. Unha restrición, estiman, que vai supor unha mingua de até 50% na produción en 2024.
Nova protesta a conta das restricións para extraer mexilla. (Foto: Europa Press)
VÍDEO NO INTERIOR

Bateeiros colapsan San Caetano en protesta contra as restricións á mexilla

Unha multitude arrodea a sede da Xunta e advirte: "A campaña da mexilla deste ano xa está totalmente perdida".
Porto de Mugardos, na comarca de Ferrolterra. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A frota denuncia "exclusións" no paro biolóxico en Ferrol

Críticas nas confrarías de Mugardos e Barallobre.
Máis dun cento de representantes do sector bateeiro manifestouse onte ante o edificio da Xunta en San Caetano, Compostela (Foto: César Arxina / Europa Press).
star
TRABALLO

O sector bateeiro pide a dimisión da conselleira do Mar pola limitación da recollida de mexilla

O conflito entre os sectores bateeiro e percebeiro continúa sen ser solucionado por parte da Consellaría do Mar, o que provocou que o colectivo mexilloeiro se mobilizase esta quinta feira ante a sede da Xunta da Galiza en Compostela para exixir a dimisión de Rosa Quintana.
Bateeiros concentráronse esta quinta feira diante da sede da Xunta e tiraron a modo de protesta mexillóns sobre a estrada. (Foto: César Arxina / Europa Press)
ECONOMÍA

Bateeiros arrodean a Xunta para protestar contra as restricións á mexilla

"80% da mexilla saía desas zonas", lamenta o mexilloeiro José Manuel Oubiña.
Os produtores de mexillón  galegos alertan de que a mexilla da que dispón non chega para cubrir as necesidades das bateas (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O conflito da mexilla pode facer caer 30% a produción de mexillón

O sector mobilizarase en Compostela o día da investidura de Rueda e pide dimisións "ao máis alto nivel"