En xuño de 2015 a Policía Local de Pontevedra cursaba unha multa a raíz dunha infracción por estacionar indebidamente un vehículo nunha zona non autorizada do casco urbano pontevedrés. A propietario do vehículo, disconforme, interpuxo un recurso perante a concellería de Protección Cidadá, que o rexeitou. E esta persoa optou por ir á vía xudicial, argumentando que se lle causaba indefensión “porque a denuncia e o expediente se tramitaron en galego” e que os feitos denunciados non eran certos.
O xulgado contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra rexeita “todas e cada unha das queixas”, segundo o Concello de Pontevedra pois “non tiñan maior fundamento”. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.
Non é a primeira vez
Non é a primeira vez que hai persoas que empregan a estratexia de dicir que o galego lles causa indefensión para intentar evitar unha multa ou sanción. Así, en 2010, e tamén en Pontevedra, un cidadán recorreu unha multa porque non entendeu a lenda numérica dunha zona de carga e descarga ao estar só en galego