A Mesa reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero

Lembra que o ferrolán fechou en 1986 o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que frutificou na creación da Mesa.

CarvalhoCalero_1
photo_camera Ilustración de Carvalho Calero no 'País das Letras', obra de Miguel Cuba.

Aínda non é oficial, farase público o sábado, mais o protagonista do Día das Letras galegas do 2020 vai ser Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 - Compostela, 1990). A súa é a única candidatura sobre a mesa e nestes días sucédense declaracións e comunicados parabenizando a escolla. Un deles, o da Mesa pola Normalización Lingüística, que reivindica a súa traxectoria e compromiso.

“Despois de anos de intentos infrutuosos por parte de diversos colectivos e entidades sociais de defensa da lingua e da cultura galegas, a única candidatura presentada é a do primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega, que hai 32 anos pechou en Compostela os encontros que desembocaron na constitución da Mesa pola Normalización Lingüísitica”, manifestan.

O 20 de abril de 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu pé á creación da Mesa pola Normalización Lingüistica, coa conferencia titulada "Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua". Desde A Mesa subliñan tamén a súa participación en entidades como a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
 

Comentarios