Manifestación en Pontevedra contra a condena a prisión de dous sindicalistas

Marcos Cadórniga e Carlos Alján foron sentenciados a tres ano de cadea por participar nunha folga en 2009. A manifestación será o 17 en Pontevedra, convocada pola CIG e co apoio de CCOO e UGT

A CIG convoca unha manifestación en Pontevedra para rexeitar a condena a tres anos de prisión a dous sindicalistas da federación de Servizos e a outro de CCOO por participar na folga do comercio de alimentación en 2009. A central nacionalista xa anunciara a presentación dun recurso contra unha decisión xudicial que entende “desorbitada”, ao tempo que adiantou a celebración de distintos actos de solidariedade cos afectados e de protesta pola decisión xudicial.

A manifestación será en Pontevedra  o vindeiro 17 de xullo. A marcha, na que tamén participarán os sindicatos CCOO e UGT, partirá da Praza da Ferrería ás 11.30 horas e rematará fronte á Audiencia Provincial.

Comentarios