cacharulo/a.- (Ademais de significados xa rexistrados) Compoñedor/a dos ósos e ligamentos.
Lugar de escoita.- Vilalba.
Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.
Outros apuntamentos.- Centro de Día de Abadín.
cruzar.- (Ademais de significados obvios e comúns) No argot da rapa, acción pola que dous aloitadores suxeitan a besta pola cabeza, a ámbolos dous lados dela,facendo "cruz"cos seus brazos -dereito e esquerdo respectivamente- arredor dela.
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Glosario da Rapa de Sabucedo de Manuel Cabada Castro e Roi Vicente Monteagudo.
gramilar.- Significa "funcionar" e ten un uso coloquial e familiar equivalente ao de chiscar. O seu uso máis abundante é en frases de tipo negativo.
Exemplo: "Este couso non gramila."
Lugar de escoita.- Lugo.
Fonte.- Henrique Harguindey.
ledre.- Gubia de zoqueiro.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.
oril.- Óxido. (orilado = oxidado).
Lugar de escoita.- Bembibre, Val do Dubra.
Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.
rular.- (Ademais de significados xa rexistrados) Poxar o peixe na lonxa.
Exemplo: "Estade atentos, que van rular agora o lote do noso barco."
Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).
Fonte.- Mario Ferreira López.
runfla.- (Ademais doutros significados xa recollidos) Serie, restra, enfiada.
Lugar de escoita.- Cuntis.
Fonte.- Marcos Seixo.