O concello de Ribeira acata o topónimo legal, con B, após 4 décadas de oposición

Durante anos o Concello validara a forma deturpada 'Riveira'
Luís-Pérez-Barral-e-Xosé-Antonio-Vázquez-Cobas-co-presidente-da-RAG-Victor-Freixanes-e-o-director-do-Seminario-de-Onomástica-Antón-Santamarina-2
photo_camera Membros do Pleno de Ribeira con representantes das administracións (Cedida)

Ribeira con B é a única forma lexítima do topónimo deste concello do Barbanza. Unha realidade que, porén, tivo a súa contrapartida en anos de defensa e promoción de ‘Riveira’ como topónimo deturpado defendido desde administración como a do propio concello, contra todo criterio lingüístico e científico.  Mai siso chegou á súa fin este 3 de marzo.

Hoxe, terza feira, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, o director do Seminario de Onomástica e Toponimia, Antón Santamarina, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, estiveron coa Corporación Municipal para presentar o informe no que se conclúe que o topónimo de Ribeira ten como única forma lexítima a escrita con be. Un informe que será acatado polo Concello de Ribeira e que suporá a fin do conflito e da deturpación de chamar a este municipio ‘Riveira.

O BNG ribeirense mostrou a súa felicidade nun “día histórico”: “Hoxe constátase que a presión do movemento social a favor de restituír a forma lexítima de Ribeira, xunto coas iniciativas realizadas polo BNG ao longo dos últimos anos e os requirimentos de diversas institucións e asociacións, dá froito e provoca un cambio histórico”.

Comentarios