Galiza nos postos de cola do Estado en gasto sanitario por habitante

A Xunta destina en 2022 a Atención Primaria 74,8 millóns menos que en 2009

A contía destinada a Atención Primaria nos orzamentos da Xunta non deixa de caer desde a chegada de Alberto Núñez Feixoo á presidencia do Goberno. Mentres en 2009, último ano de executivo bipartito entre PSOE e BNG, as contas públicas recollían para Atención Primaria un investimento de 1.436 millóns de euros, 13 anos despois, no exercicio 2022, os presupostos galegos achegan 1.389,08 millóns de euros para este servizo sanitario.

Mobilización  en 2019 en defensa de Atención Primaria nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
photo_camera Mobilización en 2019 en defensa de Atención Primaria nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
Comentarios